• image

    NOVA EDICIÓN DO PROGRAMA RESPONSABILÍZATE

    Prazo aberto para participar

    Máis información

  • image

    SER RSE NUNCA FOI TAN SINXELO

    Nova versión da ferramenta Xunta Pro RSE

    Acceder

  • image

    AXUDAS ECONÓMICAS

    Solicitar

  • image

    QUE FAS PARA SER MÁIS RESPONSABLE?

    Cóntao no noso banco de ideas

    Cubre o formulario

Cal é o nivel de benestar e saúde na túa empresa?

Xunta Pro RSE


Reporta a túa actividade en materia de responsabilidade social de forma sinxela e intuitiva coa nova versión. 

ver máis

Responsabilízate


Axudamos ás pemes e persoas autónomas de Galicia a implantar a igualdade e a responsabilidade. 

ver máis

Axudas económicas


Consulta as subvencións e apoios vixentes dirixidos a impulsar ao tecido empresarial galego

ver máis

Newsletter

Subscríbete ao noso boletín mensual para estar ao día do que sucede na RSE en Galicia

ver máis

Noticias destacadas

Máis novas

Publicacións RSE

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego e Igualdade, elabora diferentes publicacións ao redor da responsabilidade social empresarial.

Apostamos por un tecido empresarial competitivo que tamén medre en valores, e o faga en todos os eidos da responsabilidade social.

Por iso apoiamos as empresas, sobre todo pemes, dos sectores produtivos estratéxicos da nosa comunidade coa elaboración de guías que lles sirvan de axuda para aplicar a RSE no seu modelo de negocio.

Ver todas as publicacións

Uncategorised

Ferramentas

imprimirCorreo electrónico

Obxectivos de Desenvolvemento SustentableGlobal Reporting Initiative (GRI)Pacto Mundial das Nacións UnidasSeries ISOAA 1000Ecoetiqueta europeaModelo de Excelencia da EFQM OHSAS 18001RS 10SA8000SGE 21EMASDirectrices da OCDE
Os 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible (aprobada polos dirixentes mundiais en setembro de 2015 no cumio das Nacións Unidas) entraron en vigor oficialmente o 1 de xaneiro de 2016. Con estes novos obxectivos, nos vindeiros 15 anos os países intensificarán os esforzos para poñer fin á pobreza, reducir a desigualdade e loitar contra o cambio climático. Ler máis.

É o modelo de elaboración de memorias de RSE máis estendido e consensuado. Establece a nivel global as guías necesarias para aquelas organizacións que, de xeito voluntario, pretendan emitir informes de RSE, proporcionando un marco xeral e común. Ler máis.

Contén unha serie de principios relativos á RSE aos que as empresas se adhiren de maneira voluntaria. É un compromiso público que esixe a presentación periódica de información sobre o progreso acadado. Ler máis.

A Organización Internacional para a Estandarización (ISO) é unha organización non gobernamental que ten por obxectivo harmonizar as diferentes normas sobre xestión que existen no mundo sobre os mesmos aspectos. Existen tres grandes familias de normas ISO: as 9000 sobre calidade; as 14000 sobre ambiente, e a ISO 26000 sobre responsabilidade social, que non é unha norma certificable, senón unha guía para a xestión da RSE na empresa. Ler máis.

Estándar mundial para asegurar a calidade e credibilidade da información sobre RSE. É unha norma non certificable pero auditable. Describe un conxunto de procesos que unha organización pode seguir para contabilizar, xestionar e comunicar a RSE, insistindo na necesidade de definir as actuacións de RSE mediante un diálogo permanente cos grupos de interese. Ler máis.
Pretende promocionar os produtos con menor impacto ambiental. Para recibila os produtos han de cumprir determinados criterios que teñen en conta todos os aspectos do ciclo de vida íntegro do produto, desde a súa produción e utilización, ata a súa eliminación final. Permite ás entidades fabricantes incorporar o logotipo da Ecoetiqueta tanto no produto como na publicidade deste. Ler máis.

 

É unha ferramenta para a xestión da calidade que posibilita orientar a organización de cara á clientela, sendo un dos seus froitos a sensibilización do equipo directivo e do persoal para mellorar os seus produtos e/ou servizos. A base do modelo é a autoavaliación, entendida como un exame global e sistemático das actividades e resultados dunha organización que se compara cun modelo de excelencia empresarial (normalmente unha organización punteira). Ler máis.
Sistema de xestión da seguridade e saúde laboral. Require que as empresas se comprometan a eliminar ou minimizar riscos para o seu persoal e outras partes interesadas que puideran estar expostas a perigos asociados coas súas actividades.

Este documento establece requisitos para definir, implantar, manter e mellorar un sistema de xestión da responsabilidade social co propósito de lograr a satisfacción dos grupos de interese e o cumprimento da política de RS. A especificación vai dirixida a todo tipo de organizacións, independentemente do seu sector ou tamaño e caracterízase pola súa flexibilidade para adaptarse ás particularidades de cada organización, especialmente no caso das pemes. Ler máis.
Presta atención aos aspectos laborais. Fai referencia a varias normas sobre dereitos humanos que inclúen a Declaración Universal dos Dereitos Humanos e a Convención sobre os Dereitos do Neno das Nacións Unidas. Ler máis.

A norma SGE 21, Sistema de Xestión Ética e Socialmente Responsable, é a primeira norma europea que establece os requisitos que debe cumprir unha organización para integrar na súa estratexia e xestión a RS. Ler máis.
Sistema Comunitario de Ecoxestión e Ecoauditoría é unha ferramenta voluntaria deseñada pola Comisión Europea para a inscrición e recoñecemento público daquelas empresas e organizacións que teñen implantado un sistema de xestión ambiental que lles permite avaliar, xestionar e mellorar os seus impactos ambientais, asegurando un excelente comportamento neste eido. Ler máis.

Son recomendacións aceptadas polos gobernos de distintos países e dirixidas ás empresas multinacionais para que cumpran determinados principios en materia laboral, de ambiente, dereitos humanos, impostos, etc. Aínda que unha empresa non se adhira a elas ou non teñan sido recoñecidas polo goberno dun país, calquera particular pode demandar a unha empresa que viole os seus enunciados. Ler máis.

Guía Emprega Saudable

imprimirCorreo electrónico

Podes descargar "Emprega Saudable. Guía de revitalización da empresa" no botón inferior. Agardamos que o documento sexa do teu interese e axude a mellorar a saúde da túa empresa. Atoparás recomendacións e exemplos para aplicar boas prácticas na materia. Unha vez postas en marcha, e pasado un tempo, podes comprobar a evolución dos niveis de benestar e saúde na empresa volvendo facer o autodiagnóstico.

Emprega Saudable

Publicacións

imprimirCorreo electrónico

Emprega Saudable

Na súa aposta polo emprego de calidade, a Xunta de Galicia pon ao dispor das empresas esta guía para potenciar os espazos de traballo saudables e, así, incrementar o número de persoas empregadas satisfeitas en Galicia e mellorar a produtividade das empresas.

Emprega Saudable: guía de revitalización da empresa

Guías sectoriais

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pon a disposición das pequenas e medianas empresas galegas unha serie de guías prácticas, de fácil lectura e aplicación, orientadas a destacar os aspectos clave da RSE para cada sector, segundo as súas características e especificidades propias.

Manual RSE para as entidades de economía social

Guía RSE para o sector da construción

Guía RSE para o sector turismo

Guía RSE para o sector adegueiro

Guía RSE para o sector TIC

Guía RSE para o sector do metal

Guía RSE para o sector da alimentación

Guía RSE para o sector téxtil

Guía RSE para o sector conserveiro de peixes e mariscos

Guía RSE para o sector do automóbil

Guía RSE para o sector da madeira

Guía RSE para pemes

Guía de integración de criterios ASG e acceso a investimento responsable

 

Outras publicacións

Plan estratéxico de RSE de Galicia 2012-2014

Este documento propón unha serie de obxectivos e accións para as empresas, as organizacións, a propia Administración e a sociedade de cara á creación dun marco idóneo para a incorporación de prácticas socialmente responsables nas empresas galegas.

Descargar

Estudo racionalización de horarios

A publicación recolle unha análise sobre o estado e as tendencias da racionalización de horarios en Galicia e unha comparativa con outras comunidades. O estudo fai fincapé no eido da conciliación da vida persoal, familiar e laboral.

Descargar

Acordo a prol da Responsabilidade Social Empresarial en Galicia

O acordo a prol da RSE en Galicia, xurdido do Diálogo Social de 2007, representou un importante avance no apoio institucional á RSE en Galicia, partindo dun consenso e achegamento nesta materia entre a Xunta e os principais grupos de interese da responsabilidade social. Entre as 27 liñas de actuación recollidas no acordo atópanse o fomento da formación, a promoción da transparencia informativa, o impulso á implantación nas empresas de sistemas de xestión, a mellora das condicións laborais dos traballadores e traballadoras, a promoción dos valores da RSE e a creación de liñas de axuda.

Descargar

Axudas e incentivos

imprimirCorreo electrónico

Destacadas

Outras axudas da Consellería de Emprego e Igualdade

Nesta ligazón poden consultarse máis axudas e subvencións a empresas da Xunta de Galicia.

COVID-19

Toda a información sobre a actividade económica e laboral e as liñas de axuda da Xunta de Galicia na actual situación en relación co COVID-19 está dispoñible no enderezo web ceei.xunta.gal/coronavirus.

GREG_RSE

imprimirCorreo electrónico

A Xunta de Galicia, organismo pioneiro a nivel nacional na aposta pola responsabilidade social empresarial, creou no ano 2012 o Grupo de Representación Empresarial Galego en materia de RSE, co fin de comunicar e sentar as bases de como facer RSE en Galicia.

Obxectivos do grupo
  • Posicionar as empresas galegas como un referente en RSE.
  • Afondar nos contidos prácticos da RSE.
  • Establecer as bases para a implantación a grande escala da RSE nas pemes.

Última reunión

En xullo de 2018, celebrouse a súa última reunión. A inauguración e benvida da mesma correu a cargo de Covadonga Toca Carús, Secretaria Xeral de Emprego. 

Durante a citada sesión, procedeuse á exposición do estado actual da responsabilidade social empresarial en Galicia, sempre destacando o papel do GREG_RSE e a súa axuda ao impulso da RSE na nosa comunidade. 

María Coutinho Villanueva, Subdirectora Xeral de Relacións Laborais, presentou a proposta de Funcionamento do Grupo e do Plan de Integración de Novas Empresas. Ambos documentos quedaron aprobados por unanimidade.

A reunión rematou co relatorio "Tendencias en integración da RSE no Modelo de Negocio e os Obxectivos do Desenvolvemento Sustentable (ODS)", por parte de Enrique Sánchez Iniesta, profesional invitado. Trala ponencia, os membros do grupo debateron sobre a súa visión sobre o tema e as maneiras nas que as empresas poden integrar os ODS dentro da súa xestión. 

Os participantes nesta sesión foron os seguintes: Covadonga Toca Carús, Secretaria Xeral de Emprego; María Coutinho Villanueva, Subdirectora Xeral de Relacións Laborais; Isabel Cañas Landín, directora de Relacións Institucionais de Congalsa; Juan Carlos Rama Bermúdez, director de Recursos Humanos de Congalsa; Sonia González Somoza, directora de Persoas e RSC de CLUN (Cooperativas Lácteas Unidas); Victoria Sánchez Jiménez, directora de Responsabilidade Social Corporativa e Comunicación do Grupo Calvo; Rafael Martínez Fernández, director de Recursos Humanos do Grupo Profand; David Veiga Moares, director xeral corporativo de Grupo Puentes; Encarni Leal Rodríguez, xestora de proxectos RSC de Hijos de Rivera; Carlos Piñeiro Aneiros, do departamento de RSC de Inditex; Marcela Domínguez Blanco, responsable de Relacións Laborais e Xestión de Persoas de R Cable y Telecomunicaciones; e María Llorente Ramos, do departamento de RSC e Relacións Institucionais de R Cale y Telecomunicaciones. 

Banco de ideas responsables

imprimirCorreo electrónico

Desde RSE Xunta de Galicia animamos ás empresas que fagan sostibilidade social empresarial a que a comuniquen. O obxectivo deste banco de ideas responsables é dobre. Por unha banda, é unha canle para que as empresas, entidades e organizacións galegas poidan dar a coñecer as accións que levan a cabo en materia de sostibilidade social empresarial e servir de exemplo ao resto. Por outra, informa a sociedade das accións responsables do tecido empresarial de Galicia.

Consulta de ideas rexistradas

AmbientalConciliaciónEconómicoSocial

Comparte a túa idea

Cubre o formulario

Boletín FIXA_RSE

imprimirCorreo electrónico

FIXA_RSE, o boletín informativo do Observatorio, constitúe unha publicación de referencia para as organizacións galegas interesadas en RSE e fai visibles as accións responsables que se poñen en marcha na comunidade e que fan real a RSE en Galicia.

 

Fixarse Nº13. Xaneiro 2019

Fixarse Nº12. Setembro 2018

Fixarse Nº11. Abril 2018

Fixarse Nº 10. Setembro 2017

Fixarse Nº 9. Febreiro 2017

Fixarse Nº 8. Setembro 2016

Fixarse Nº 7. Maio 2016

Fixarse Nº 6. Febreiro 2016

Fixarse Nº 5. Decembro 2015

Fixarse Nº 4. Setembro 2015

Fixarse Nº 3. Abril 2015

Fixarse Nº 2. Outubro 2014

Fixarse Nº 1. Xuño 2014

 

Informes de evolución

imprimirCorreo electrónico

O Observatorio Permanente da RSE de Galicia nace cunha dobre función: informativa e investigadora. Neste sentido, ofrécense datos e estatísticas sobre a materia na nosa comunidade. Froito deste traballo publícanse periodicamente informes de resultados sobre a forma na que as empresas galegas están incorporando os principios de responsabilidade social á súa xestión.

 

Informe de resultados 2023

Informe de resultados 2021

Informe de resultados 2018

Informe de resultados 2016

Resumo de resultados. Novembro 2015

Resumo de resultados. Novembro 2013

Resumo de resultados. Maio 2013

Resumo de resultados. Novembro 2012

Resumo de resultados. Maio 2012

Resumo de resultados. Novembro 2011

Resumo de resultados. Maio 2011

Resumo de resultados. Novembro 2010

Resumo de resultados. Maio 2010

Resumo de resultados. Novembro 2009

Resumo de resultados. Maio 2009

Preguntas frecuentes

imprimirCorreo electrónico

A sostibilidade social empresarial debe ser voluntaria?

A sostibilidade social empresarial implica por definición adquirir un compromiso voluntario indo alén do cumprimento da lexislación vixente. En calquera caso, empézase a aceptar a necesidade de establecer certas regras e mecanismos para, por un lado, motivar a implantación da sostibilidade nas empresas e, por outro, garantir que se fai de xeito adecuado.

A sostibilidade social empresarial obriga a empresa a incorrer en custos?

Moitas das actuacións poden precisar investimentos ou asumir algúns gastos adicionais. Con todo, hai moitos xeitos de definir unha estratexia de sostibilidade o seu enfoque non ten que supoñer necesariamente un gran esforzo financeiro. Polo tanto, á hora de deseñar e implantar unha estratexia de sostibilidade as empresas deben escoller aquelas que ofrezan a mellor relación custo-beneficio.

Cal é a relación entre a sostibilidade social empresarial e o Desenvolvemento Sustentable?

O Desenvolvemento Sustentable é o proceso de crecemento e progreso que equilibra o alcance de obxectivos económicos, sociais e ambientais. A sostibilidade social empresarial é a achega empresarial a ese proceso.

Cales son os aspectos máis importantes da sostibilidade nos que se debe centrar a miña empresa?

A sostibilidade engloba a atención a cuestións ambientais, económicas, laborais e sociais, e todas deben ser atendidas de xeito integrado. Unha empresa non será verdadeiramente responsable se desatende calquera destas áreas. É preciso que a empresa identifique cales son os grupos de interese máis importantes (os que gardan maior relación con ela e poden ter unha maior influencia sobre ela, e viceversa) e as súas necesidades máis urxentes para orientar a definición e implantación da estratexia de sostibilidade nesa dirección.

É igual a sostibilidade nunha empresa grande ca nunha peme?

A sostibilidade nas empresas dependerá de moitos parámetros: sector, tamaño, localización xeográfica... Deste xeito, non existen estratexias de sostibilidade estandarizadas aplicables en calquera tipo de empresa. Aínda que as pemes conten con menos recursos para implantar a sostibilidade, especialmente financeiros, as súas estratexias son igualmente valiosas e eficaces.

É importante certificar a sostibilidade da empresa?

O importante é que o sistema sexa coherente e estea integrado na xestión cotiá da empresa e na súa estratexia global. A certificación dos sistemas de xestión moitas veces o único que xera é a necesidade de superar trámites administrativos que requiren investir tempo, esforzo e cartos sen que os beneficios obtidos a cambio sexan notables. Non obstante, podes botarlle un ollo aos estándares existentes relacionados coa materia na sección "Ferramentas".

Que é unha memoria de sostibilidade?

A memoria de sostibilidade é un documento onde se explica o compromiso coa sostibilidade e as actuacións concretas desenvolvidas con cada grupo de interese nun determinado período. Descríbense as actuacións en materia ambiental e laboral, así como coa clientela e coas comunidades locais nas que a empresa traballa.

É o mesmo unha memoria de sostibilidade ca un balance social?

O balance social é tamén un documento que resume as actuacións en materia de sostibilidade da empresa, se ben cun determinado formato e baixo uns criterios concretos diferentes dos empregados na elaboración de memorias de sostibilidade. Nalgunhas empresas, ademais, o balance social é un instrumento que vai máis aló da elaboración de información e comunicación sobre a sostibilidade da empresa, xa que está pensado para ser utilizado na propia xestión e control da sostibilidade, empregándoo no establecemento de obxectivos, o deseño e selección de actuacións e o control do cumprimento das metas fixadas.

É o mesmo unha memoria de sostibilidade ca un relatorio de xestión?

Non. O relatorio de xestión adoita acompañar ás contas anuais que as empresas deben publicar de acordo coa normativa contable vixente (balance, a conta de resultados e memoria). Contén variables e indicadores financeiros, aínda que ás veces inclúa información non financeira relacionada co ambiente, o persoal, etc. Non obstante, o alcance dos temas de sostibilidade nun relatorio de xestión é moi reducido.

Pode a miña empresa ser responsable se a miña clientela e entidades provedoras non o son?

A sostibilidade na empresa debe alcanzar a toda a súa cadea de valor, desde a adquisición de materias primas ata os consumidores e usuarios. A responsabilidade da empresa empeza por implantarse no seu propio interior e debe estenderse a todas as entidades asociadas comercialmente.

Que diferenza existe entre a conformidade das memorias de sostibilidade coa GRI e a seguridade de memorias de acordo coa norma AA1000?

A conformidade dunha memoria de sostibilidade coas directrices do GRI supón que a memoria se elaborou seguindo a devandita guía e dando cumprimento aos seus requisitos formais pero non garante nin a calidade nin a veracidade da información contida pola memoria. Pola contra, a seguridade que se proporciona de acordo coa norma AA1000 garante que a información contida na memoria é veraz, pertinente e fiable e satisfai razoablemente as expectativas de información dos grupos de interese.

Que é o bo goberno corporativo?

Refírese fundamentalmente a asegurar a independencia das comisións máis importantes dos Consellos de Administración das empresas, informar con transparencia aos mercados, cumprir as normas sobre uso de información privilexiada, e garantir os dereitos de pequenos accionistas e quen os representa. Considérase o primeiro paso necesario para implantar a sostibilidade na empresa.

Que é o investimento socialmente responsable?

O investimento socialmente responsables é aquel que permite ás persoas ou entidades investidoras combinar os seus obxectivos financeiros cos seus valores sociais, vinculados a ámbitos de xustiza social, desenvolvemento económico, paz e ambiente.

Que non é RSE?

Non se debe confundir a RSE con campañas de mellora de imaxe nin con actuacións puntuais de carácter ético ou solidario. As actividades de sostibilidade deben estar vinculadas e integradas na actividade básica da empresa e a súa xestión diaria, ter unha vocación de permanencia e implicar o compromiso da alta dirección.

Que papel teño como traballador/a?

Os traballadores e as traballadoras poden xogar un papel moi importante na promoción da sostibilidade e deben formar parte activa no deseño e implantación das estratexias de sostibilidade das súas empresas.

Que tipo de actuacións de sostibilidade poden xerar beneficios económicos?

No eido ambiental, as medidas de aforro nos consumos de auga, electricidade, etc. son mostras da obtención de beneficios sen case incorrer en custos. No ámbito social, un bo contorno de traballo, garantindo condicións óptimas de saúde e seguridade, pode reducir o absentismo e as baixas e mellorar a produtividade. De xeito similar, unha boa comunicación da sostibilidade pode axudar a incrementar os ingresos e fidelizar á clientela.

Hai axudas económicas para facer sostibilidade?

A Administración adoita ofrecer subvencións para fomentar políticas socialmente responsables nas empresas. Consulta o noso apartado "Axudas e incentivos".