Plan de conciliación da vida laboral, familiar e persoal

Un dos valores máis importantes e estratéxicos da Responsabilidade Social Empresarial (RSE) do Grupo Gestán é axudar a formar parte do equilibrio entre as responsabilidades laborais e familiares das persoas traballadoras da organización, fomentando estratexias flexibles na organización do traballo que favorezan a conciliación familiar e laboral.

Por iso, a empresa estableceu un plan de conciliación que se adapte aos cambios variables da nosa sociedade, sinxelo e transparente, que permita aumentar o grao de satisfacción, mellorar o clima laboral e a produtividade.

Dentro do Plan aprobáronse diferentes medidas como: ausencia do posto por reunións persoais (titorías de menores, acudir a un banco/notaría…), acompañamento de menores ao primeiro día de colexio, acurtar os tempos de descanso de horario de comida para favorecer a conciliación de horarios, favorecer a flexibilidade de vacacións e flexibilidade á hora de elixir o festivo local, ben seleccionando o da zona na que reside a persoa ou por outro día aleatorio, etc., entre outras medidas de usos de tempo que faciliten o persoal poida organizarse mellor, á vez que se mellora a organización empresarial.

Obxectivos

  • Mellora o rendemento produtivo e o compromiso coa empresa
  • Redución do absentismo
  • Mellora da calidade de vida das persoas

Empresa: Grupo Gestán

Sector de actividade: Servicios medioambientais

Tamaño: 130 empregados

Páxina web: http://grupogestan.com/