• image

    NOVA EDICIÓN DO PROGRAMA RESPONSABILÍZATE

    Prazo aberto para participar

    Máis información

  • image

    SER RSE NUNCA FOI TAN SINXELO

    Nova versión da ferramenta Xunta Pro RSE

    Acceder

  • image

    AXUDAS ECONÓMICAS

    Solicitar

  • image

    QUE FAS PARA SER MÁIS RESPONSABLE?

    Cóntao no noso banco de ideas

    Cubre o formulario

Cal é o nivel de benestar e saúde na túa empresa?

Xunta Pro RSE


Reporta a túa actividade en materia de responsabilidade social de forma sinxela e intuitiva coa nova versión. 

ver máis

Responsabilízate


Axudamos ás pemes e persoas autónomas de Galicia a implantar a igualdade e a responsabilidade. 

ver máis

Axudas económicas


Consulta as subvencións e apoios vixentes dirixidos a impulsar ao tecido empresarial galego

ver máis

Newsletter

Subscríbete ao noso boletín mensual para estar ao día do que sucede na RSE en Galicia

ver máis

Noticias destacadas

Máis novas

Publicacións RSE

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego e Igualdade, elabora diferentes publicacións ao redor da responsabilidade social empresarial.

Apostamos por un tecido empresarial competitivo que tamén medre en valores, e o faga en todos os eidos da responsabilidade social.

Por iso apoiamos as empresas, sobre todo pemes, dos sectores produtivos estratéxicos da nosa comunidade coa elaboración de guías que lles sirvan de axuda para aplicar a RSE no seu modelo de negocio.

Ver todas as publicacións

Uncategorised

Dimensións

imprimirCorreo electrónico

No seo da sostibilidade social empresarial distínguense dúas vertentes, unha interna e outra externa. Dentro da empresa, as prácticas socialmente responsables afectan fundamentalmente ao persoal e ao ambiente. Pola súa parte, a dimensión externa recolle as relacións da empresa coas comunidades, entidades asociadas comercialmente, provedoras e inversoras, clientela, ONG, así como a consideración do respecto polos dereitos humanos e das preocupacións ambientais globais.

 

Dimensión interna

  • Xestión de recursos humanos: investimento en programas de formación permanente do persoal, procura dunha maior diversidade, equilibrio entre traballo, familia e lecer ou garantía de igualdade para as mulleres.
  • Saúde e seguridade no traballo: tomar accións preventivas e asegurarse que todos e todas no seu posto de traballo coñecen os procedementos na materia.
  • Adaptación ao cambio: preservar a moral e motivación dos traballadores e das traballadoras, ter en conta os intereses e preocupacións de todas as persoas afectadas polos cambios ou ofertar cursos de reciclaxe profesional ao persoal se é necesario.
  • Ecoloxía interna: reducir as emisións e residuos, xestionando as fontes e seleccionando os recursos, apostar polo reciclado dos residuos e dos produtos fabricados, implicar a toda a organización no respecto ao contorno e impulsar a ecoeficiencia.

Dimensión externa

  • Comunidades locais: dar preferencia ás entidades provedoras locais, crear emprego, facer doazóns a ONG, poñer en marcha iniciativas sociais, deportivas, ambientais ou de cooperación ao desenvolvemento e voluntariado corporativo.
  • Provedores e clientes: implantar principios éticos na política de compras a entidades provedoras e en materia de comercialización e publicidade, así como nos dereitos dos consumidores e das consumidoras.
  • Desenvolvemento sustentable: informar sobre os aspectos ambientais e sociais contemplados no produto e/ou servizo, estendendo e compartindo as boas prácticas ao longo de toda a cadea de valor, implicando a provedores e clientes.
  • Códigos de conduta: en materia de dereitos humanos, condicións laborais e xestión ambiental a impoñer ás entidades comercialmente asociadas a ela.

Principios

imprimirCorreo electrónico

principios RSE Xunta

Voluntariedade

A adopción de políticas de sostibilidade por parte das empresas é voluntaria, máis alá das súas obrigas legais.

Creación de valor

A sostibilidade empresarial debe contribuír a xerar valor para todos os grupos de interese, o que repercutirá na mellora da empresa no medio e longo prazo.

Grupos de interese

A sostibilidade social empresarial oriéntase á satisfacción das expectativas e necesidades dos distintos grupos de interese (persoal, clientela, accionistas, provedores, ambiente, dereitos humanos...).

Transversalidade

As políticas de sostibilidade deben involucrar a todos os niveis da empresa, todos os procesos produtivos e en todas as rexións onde desenvolva a súa actividade.

Adaptabilidade

As políticas de sostibilidade deben estar adaptadas ao contexto e realidade da sociedade na que opera a empresa. Cómpre considerar as particularidades do contorno e tamén da natureza do negocio, o ámbito xeográfico de operación ou o tamaño empresarial.

Transparencia

Dar a coñecer aos diferentes grupos de interese, internos e externos, o labor que realiza a empresa nos diferentes ámbitos da súa actividade, co obxectivo de dar credibilidade e rigor á sostibilidade empresarial.

Implicación do persoal

Promover a aprendizaxe e a formación, mellorando a organización do traballo, garantindo a igualdade de oportunidades e a inclusión social. O obxectivo é mellorar a creación de emprego e as condicións de traballo.

Ámbito interno e externo

A sostibilidade trata de conseguir empresas economicamente rendibles, respectuosas co contorno e socialmente responsables, tanto no seu ámbito interno como no externo.

Vantaxes

imprimirCorreo electrónico

Ser socialmente responsable contribúe de modo positivo na empresa.

Vantaxes internas

 

1
Fidelidade do persoal á empresa e da clientela.
2
Mellora da motivación e da produtividade no traballo.
3
Aumento da cualificación e capacidades do persoal, así como da súa implicación.
4
Diferenciación fronte á competencia e incremento dos ingresos.
5
Maior potencial de innovación e mellora da competitividade.
6
Incremento da eficiencia dos procesos produtivos e aforro de custos.
7
Maior capacidade de adaptación fronte aos cambios e xestión das crises.

 

Vantaxes externas 

 

1
Mellora da imaxe e da reputación.
2
Maiores puntuacións en contratos coas administracións públicas.
3
Maior facilidade para cumprir coa normativa vixente.
4
Reforzo das relacións coas comunidades locais.
5
Fortalecemento do tecido económico e social local.
6
Novas oportunidades de negocio.
7
Redución do risco empresarial.
8
Obtención de financiamento en mellores condicións.
9
Contribución positiva a un desenvolvemento sustentable.

Que é?

imprimirCorreo electrónico

Enténdese por sostibilidade empresarial o modelo de xestión integral e a longo prazo que pretende acadar o crecemento sostible, ético e equilibrado dunha entidade, mediante a integración plena da dimensión económica, social e medioambiental en cada estratexia, proceso e elemento da súa cadea de valor. Isto incide na totalidade da súa cultura organizacional e na consecución de mellores índices de benestar laboral, así como a mellora e o avance das condicións económicas, sociais e medioambientais da comunidade e territorio no que se integre.

A sostibilidade social empresarial é aquela parte da sostibilidade empresarial que integra plenamente na xestión e funcionamento da entidade as seguintes dimensións de actuación:

- Interna: factores relativos á igualdade de trato e oportunidades entre homes e mulleres, a igualdade de xénero, a igualdade de retribución por un traballo do mesmo valor, a conciliación da vida privada e a vida laboral, a formación e o desenvolvemento das capacidades do seu persoal, o traballo saudable e seguro ou as medidas contra a violencia e o acoso que inciden na consecución de mellores índices de benestar laboral.

- Externa: factores que, en virtude do principio de solidariedade e compromiso coas comunidades e contornas nas que se insiren, favorecen o desenvolvemento local e a cohesión social e territorial.

Definición de partida

Aviso Legal

imprimirCorreo electrónico

Información xeral

As presentes disposicións regulan o uso do servizo do portal de internet (en diante, o “Portal') que a Xunta de Galicia pon a disposición dos usuarios de internet.

A Xunta de Galicia é a titular do dominio de segundo nivel “rse.xunta.gal” e dos distintos elementos nel incluídos.

O contido facilitado a través deste Portal emítese con efectos simplemente informativos e non substitúe a publicidade das disposicións e actos que teñan que ser publicados formalmente en boletíns oficiais. Aínda que se efectuarán os esforzos precisos para que a información contida sexa exacta e actualizada, a Xunta de Galicia non garante a inexistencia de erros no contido deste Portal, nin que se atope totalmente actualizado.

A Xunta de Galicia non se fai responsable dos danos e prexuízos que puidese ocasionar o uso ilexítimo ou inadecuado das ferramentas e informacións contidas no Portal con excepción de todas aquelas actuacións que resulten da aplicación das disposicións legais ás que deba someterse no estrito exercicio das súas competencias.

A Xunta de Galicia non asume responsabilidade algunha derivada da conexión ou contidos das ligazóns a páxinas externas sobre as que non se ten ningún control, debendo o usuario deste Portal, en todo caso, aterse ás condicións de uso específicas das devanditas ligazóns.

A Xunta de Galicia resérvase a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo, modificacións e actualizacións sobre a información contida ou na súa configuración ou presentación.

Propiedade intelectual e industrial

Os dereitos de propiedade intelectual deste sitio web e dos seus elementos contidos son titularidade da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

A información dispoñible neste Portal, salvo indicación expresa en contrario, é susceptible de reutilización, quedando autorizada a súa reprodución total ou parcial, modificación, distribución e comunicación, para usos comerciais e non comerciais, con suxeición ás seguintes condicións:

  • Queda prohibida en calquera circunstancia a desnaturalización do contido da información.
  • O usuario queda obrigado a citar a fonte dos documentos obxecto da reutilización.

Esta licenza non reduce ou restrinxe os dereitos exclusivos do titular dos dereitos de propiedade intelectual, tales como o deseño do Portal e códigos fonte, marcas, nomes comerciais, logos ou signos distintivos, de acordo coa Lei de propiedade intelectual ou calquera outras leis aplicables.

Privacidade

Coa súa navegación, vostede presta o consentimento para recibir as cookies que utiliza o Portal, que en ningún caso se empregan para recoller información de carácter persoal. Son de dous tipos:

  • Cookies propias: son enviadas aos seu equipo e xestionadas exclusivamente pola Xunta de Galicia, que só obtén e conserva a información relativa aos datos de sesión e idioma. Estas cookies son necesarias para o correcto funcionamento e visualización do Portal por parte do usuario.
  • Cookies analíticas de terceiro: o Portal usa as cookies da ferramenta Google Analytics, que realiza unha medición e análise estatística da navegación dos usuarios na web, co fin de mellorar os servizos que ofrece o Portal. A información que xera a cookie é directamente transmitida e arquivada por Google.

Para garantir o anonimato, Google converte a súa información en anónima truncando a dirección IP antes de almacenala. Tampouco asocia a súa dirección IP truncada a ningún outro dato conservado por Google, nin pode enviar a información recollida por Google Analytics a terceiros salvo cando estea legalmente obrigado a facelo, conforme as condicións de prestación do servizo de Google Analytics.

Se vostede desexa denegar o permiso para o tratamento estatístico dos datos ou da información con Google Analytics, prema aquí.

Lembrámoslle que deberá executar esta acción cada vez que cambie de navegador ou a súa configuración, ou se elimina as cookies, posto que o indicador de denegación se garda nunha cookie.

Protección de datos

O tratamento dos datos de carácter persoal que se realice a través deste Portal estará suxeito ao establecido polo Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento xeral de protección de datos) e demais normativa de aplicación. Os datos achegados polo interesado utilizaranse, con carácter único e exclusivo, para os fins previstos no procedemento ou actuación que se trate. En ningún caso os referidos datos serán obxecto de tratamento ou de cesión a terceiros, se non é co consentimento inequívoco do afectado. En yüksek deneme bonusu veren siteler 2023 listesine tinfishgaslamp.com adresinden ulaşabilirsiniz.

As persoas usuarias deste portal teñen á súa disposición toda a información relativa ao tratamento dos datos persoais levado a cabo pola Xunta de Galicia, incluíndo o modo no que poden exercitar os dereitos, o contacto cos delegados e as delegadas de protección de datos e demais aspectos segundo os termos esixidos polo Regulamento europeo de protección de datos persoais, na seguinte ligazón: información sobre protección de datos persoais.

Uso de linguas

O artigo 13 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, garante o exercicio dos dereitos lingüísticos recoñecidos no ordenamento xurídico e, en particular, os referidos ao uso do galego nas relacións da cidadanía coa Administración pública de Galicia. A estes efectos, o Portal posibilitará o acceso aos seus contidos e servizos en galego e castelán.

Lei aplicable e xurisdición

Para toda cuestión litixiosa ou que incumba ao Portal, será de aplicación a lexislación española, sendo competentes para a resolución de todos os conflitos derivados ou relacionados co uso do presente Portal, os Xulgados e Tribunais da cidade de Santiago de Compostela.