Moda sostible circular

Sembra biojoyas é unha empresa de moda sostible circular. As bioxoias son xoias vivas, creadas con materiais naturais como sementes, cascas, fibras naturais, madeiras, materiais orgánicos e que conteñen nutrientes; tamén por biomateria como plumaxes e coiro, entre outros.

A maior parte das bioxoias de Sembra son creacións de comunidades indíxenas do Amazonas, con materiais da fauna e flora da foresta.

O obxectivo de Sembra é dar a coñecer a moda dos complementos sostibles e circulares, tamén atender á crecente demanda de consumidores conscientes e responsables co medio ambiente.

As biojoyas non xeran residuos e colaboran coa preservación do medio ambiente e coa cultura de varias etnias indíxenas, responsables de coidar e manter un dos biomas máis emblemáticos do mundo.

Actualmente, a industria da moda é un grave problema ambiental. Sembra biojoyas xorde como alternativa ecolóxica de moda sostible. Son xoias naturais e cunha historia, un concepto de coidar e fomentar a preservación da natureza.

Existen varios beneficios de consumir as biojoyas; un deles é que cando queremos desfacernos delas, o que debemos facer é enterralas nunha horta, xardín ou maceta. Así devolveremos os materiais á natureza, e se as condicións climáticas son favorables, as sementes poderían brotar.

Impacto

  • Redución de residuos ambientais.
  • Apoio e fomento das culturas dos pobos indíxenas e difusión dos seus coñecementos.
  • Conexión entre as persoas e a natureza, xa que produtos naturais e orgánicos están en contacto coa nosa pel.

Empresa: Sembra biojoyas

Número de empregados: 1

Páxina web: www.sembrabiojoyas.es