A política empresarial de Salica, empresa situada na Pobra do Caramiñal e dedicada á produción de atún conxelado, baséase na calidade, o coidado da contorna social e medioambiental e a seguridade e benestar dos traballadores. Por iso, firmou un convenio coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para lanzar o primeiro ciclo de Elaboración de Produtos Alimenticios en modalidade de formación profesional dual a nivel galego.
O persoal desta empresa participou de forma activa no desenvolvemento deste programa formativo, amosando unha grande implicación e titorizando o proxecto.
Con esta iniciativa contribuíron a fomentar e mellorar a formación e a empregabilidade futura das persoas novas e residentes na zona, posto que este curso se imparte no Centro Integrado de Formación Profesional Coroso de Riveira.
Empresa: Salica
Sector: Alimentación
Web: www.salica.es