A empresa cárnica Torre de Núñez continúa traballando por un desenvolvemento sustentable, sendo conscientes de que o plástico é un problema global que concirne a toda a sociedade, incluídas as empresas. Por iso, decidiron reducir o tamaño da súa barqueta de xamón curado en lascas, conseguindo así que cada envase leve un 20% menos de plástico.
Esta decisión nace do compromiso da empresa polo medio ambiente, pero tamén pola súa aposta por crear valor económico e concienciación social, posto que levan anos centrando a súa actividade na saúde dos consumidores, a loita contra o desperdicio alimentario e o respecto ao planeta.