Sergal é una empresa de bioseguridade alimentaria dedicada á comercialización, fabricación e mantemento de equipos aplicadores de produtos para matadoiros, fábricas e granxas, así como a comercialización de aditivos para a alimentación dos animais. Comprometida co medio ambiente, conta cun sistema de calidade, medio ambiente e seguridade de saúde no traballo que asegura unha xestión eficiente dos procesos e os recursos, para protexer a contorna e ao mesmo tempo garantir a seguridade das persoas traballadoras.
Dentro da dimensión da RSE de transparencia e bo goberno, a compañía vén de elaborar unha memoria de RSE co obxectivo de dar transparencia fronte ás partes interesadas da información económica e financeira. Esta non é a primeira vez que Sergal amosa un compromiso coa responsabilidade social empresarial, xa que anteriormente demostrou a súa vontade por ser unha empresa mellor a través da firma dun plan de igualdade de xeito totalmente voluntario, que pasou a formar parte da súa estratexia empresarial.
Empresa: Aditivos e Servizos Galegos Sergal SL
Sector: Seguridade alimentaria
Tamaño: 8 persoas
Web: https://sergal.es/