Testemuños

ELEKO TECNOLOGÍA E INNOVACIÓN, S.L.
Valoro moito a boa disposición e o bo trato recibido pola técnica asignada como mediadora.
CIVIS GLOBAL, S.L.U.
A titorización personalizada foi fundamental para poder avanzar e desenvolver a análise.
DO ARTESANATO CAC, S.L.
Bo traballo cun gran acompañamento. A asesora axudounos moito a levar a cabo a diagnose e en todo momento deunos apoio no que necesitábamos.
MIRAMAR CRUISES, S.L.
A asesora foi moi profesional e atenta con todos nós e fixo que comprendéramos ben a aplicación das solucións e a implicación necesaria para ser unha empresa responsable.
RAXIA FORMACIÓN, S.L.
Foi de gran axuda para a nosa pequena organización contar con este asesoramento. Foi un proceso moi agradable, facilitador e recomendable en todos os seus aspectos.
DIGAMEL, S.A.
Todas as actuacións realizadas coa nosa Técnica de Asesoramento foron esenciais neste proceso. Unha persoa eficiente e que sabe cumplir co seu deber. Grazas.
TALLERES MARIO RIO, S.L.
A formadora estivo sempre moi pendente e con moita paciencia para axudarme en todo.
SERVIGUIDE, S.L.
Altamente satisfeitos co servizo, moi profesional. A formación é moi completa. Considéroa de gran interese e aplicabilidade para a nosa organización. A asesora asignada é unha gran profesional, dedicada, moi competente e sempre pendente. A valorar especialmente a súa capacidade de adaptarse ás nosas circunstancias e o doado que nolo puxo en todo momento. A visión da nosa asesora guiounos moi oportunamente no deseño do plan de acción, perfectamente adecuado e adaptado ao que somos e podemos.
WE SUSTAINABILITY, S.L.
Moi útil e sumamente completa, superando con creces as expectativas. A asesora adaptouse con creces ao nosos requirimentos, implicándose moito máis do considerado esixible.
DEPÓSITOS COBALLES, S.L.
O formador coñecía cada proceso á perfección e soubo resolver cada dúbida que tiñamos á maior brevidade. Deunos apoio e axudounos a cada momento e sempre que o necesitamos.
GALEGA DE ECONOMÍA SOCIAL
Gustounos xa que ofreceu propostas prácticas e que realmente axudan a cubrir algunha eivas que tiñamos.
HROS. DE MANUEL PELETEIRO, S.C.
A asesora fixo unha labor importante de recompilación de información para poder reflectir a situación da nosa organización en materia de ASG. Ten unha gran capacidade para tratar coas persoas e facilitarlles o entendemento de termos e conceptos que de principio poden resultar complexos. Todo resulta máis sinxelo grazas á súa labor e boa disposición. O plan de acción é claro e está moi ben plantexado.
POMPAS FÚNEBRESDE LA CORUÑA, S.A.
Áxil e práctico. Realizouse un plan realista, axustado á capacidad e necesidades da empresa.
INTEGRAL WORK SPACE, S.L.
O meu total agradecemento a Técnica de asesoramento ASG que tiñamos asignada pola súa comprensión, seguimento, perseveranza e axuda permanente.
ALBERGUE SAN ANTÓN, S.L.
A asesora é unha magnífica profesional.
ADECÓN OBRAS Y SERVICIOS, S.L.
Excelente profesional, sempre disposta para asesorar. Trato personalizado e moi eficaz. Realizou un traballo de 10.
RESIGAL GESTIÓN INTEGRAL DE GALICIA, S.L.
A técnica de asesoramento foi tremendamente boa. Plataforma moi sinxela e fácil de seguir.
AGLOMERADOS Y CONSTRUCCIONES VALDEORRAS, S.A.
A persoa encargada do meu asesoramiento cualificaríaa como eficaz, directa e que sabe transmitir a esencia do que se pretende coa difusión deste programa.
GRUPO CORPORATIVO GES INDUSTRIAL, S.L.
Moi boa atención e facilidade para encaixar o estudo coa carga de traballo.
HIFAS DA TERRA, S.L.
Destacar a excelente atención, profesionalidade, dedicación e compromiso demostrada pola asesora.
AVERY DENNISON RIS IBERIA, S.L.U.
Explicacións claras e moi dilixente. Atención personalizada e trato cordial.
APLICACIONES DE BOMBEO INDUSTRIAL, S.L.
O trato dispensado pola formadora foi excelente.
BELA FISTERRA, S.L.
A asesora foi MOI eficiente en todas as tomas de contacto, interesada en todo o que puidésemos aportar para facer unha valoración exacta. É unha persoa marabillosa, cercana, profesional, disposta a axudarme en calquera dificultade, ENCANTOUME coñecela.
JAKELINE CHICASACA
Moi bo traballo, facilita ferramentas para continuar coas operacións da empresa de modo responsable.