Descrición
O acceso ao mundo laboral é un dereito básico, ademais dunha das formas máis positivas de favorecer a plena integración sociolaboral e a vida autónoma das persoas con discapacidade intelectual. Para acadar este obxectivo ofrécense os reforzos laborais precisos á persoa a través da metodoloxía Emprego con Apoio, na que un preparador laboral forma ao traballador coa síndrome de Down no mesmo posto de traballo, liberando ao empresario desta labor.
Impacto
139 contratos en 2014 e máis de 300 nos dous anos anteriores.
Empresa: Federación Galega de Institucións para a Síndrome de Down (Down Galicia)
Sector: Terceiro sector
Tamaño: 33 empregados
Web: www.downgalicia.org