Na procura da constante mellora do servizo sanitaria preséntase o Proxecto Alba que ten como obxectivo favorecer a comunicación entre todos os sectores implicados. Para lograr isto o Proxecto Alba estuda e analiza a situación na área de enfermaría para, a través dos resultados, apoiar e complementar as necesidades destes profesionais.
A autora, Rebeca María Gómez Espinosa, presenta o proxecto Alba, a través do que traballa na mellora da comunicación entre as distintas áreas de saúde, facilitando o acceso ao coñecemento a través de:
• App
• Códigos QR de videoprocedementos
• Vídeos de técnicas de enfermaria
• Flashcard
• PowerPoint
Un amplo abanico de dispositivos que facilitan o acceso ao coñecemento de técnicas e procedementos de enfermaría que podería axudar a minimizar os erros e prever situacións adversas, de tal xeito que proporcionalmente queda incrementada a seguridade tanto do pacente como do traballador.
Impacto
Unha proposta destinada a 100.000 empregados do Sergas e que conforma unha cadea de beneficios entres os que destaca o incremento da motivación dos traballadores, favorecendo o desenvolvemento da comunidade.
O proxecto Alba desenvólvese a través duna páxina web, correspondente maquetada, así como papelería precisa para a súa difusión.
Empresa: Sergas
Sector: Sanitario
Tamaño: 100.000 empregados.
Web: https://www.proyectoalbaempoderamientodelaenfermera.es/