Descrición
Tecalis, empresa especializada en proxectos tecnolóxicos orientados á transformación dixital, incorporou un carriño de alimentación saudable na súa sala de descanso. O carro contén auga mineral e froita variada, que está a disposición dos empregados de xeito totalmente gratuíto, ao igual que a neveira de refrixerio xa existente.
Nunha compañía onde as persoas traballadoras pasan a maior parte do seu tempo sentados fronte a un ordenador, unha iniciativa como esta ten o obxectivo de fomentar a alimentación saudable entre o persoal, para mellorar a súa saúde e a súa produtividade, así como frear o sedentarismo propio do sector.
Toda a empresa está implicada nesta idea responsable, xa que a xerencia e o Departamento de Desenvolvemento Corporativo son os encargados de comprar os produtos e o resto do persoal é o que se ocupa da recepción destes e a colocación no carro, organizándose os departamentos mediante un calendario.
Impacto
Esta acción, xunto con outras campañas internas de fomento da vida saudable, supuxo unha redución drástica das baixas laborais. Ademais, mellorou a comunicación entre departamentos, o que se traduciu nun aumento da implicación do persoal, así como nunha maior motivación e produtividade.
A posta en marcha desta idea tamén axudou á empresa a frear a fuga de talentos propia do sector, xa que as persoas que traballan na empresa responden ben ás súas iniciativas responsables e saudables.
Empresa: Tecalis
Tamaño: 22 empregados
Sector: Tecnolóxico
Web: www.tecalis.com