O sector do transporte, en especial a condución de camións, é fundamentalmente masculino, polo que é un dos que presenta una das fendas de xénero máis acusadas. Para poder reducir esta desigualdade, Ribatrans Sociedade Cooperativa Galega modificou os seus estatutos para estimular a presenza de mulleres dentro da súa cooperativa, ben sexan mulleres que desexen continuar co seu negocio ou que adquirisen unha nova licencia e precisen incorporarse a unha sociedade cooperativa.
A modificación destes estatutos consta por escrito coa aprobación do 100% da asemblea de cooperativistas e inclúe a seguinte bonificación para as mulleres: durante o primeiro ano non teñen que abonar nin cotas de entrada nin mensuais.
Empresa: Ribatrans Sociedade Cooperativa Galega
Sector: Transporte
Tamaño: 14 cooperativistas e 3 traballadores
Web: ribatransscg.com