Descrición
Adopción dun horario de traballo que permita unha maior conciliación coa vida persoal. En primeiro lugar reducimos o tempo de comida a unha hora e, despois, adiantamos a hora de entrada para todos aqueles que non realizan quendas, é dicir, a gran maioría dos empregados. O noso horario de luns a xoves é de 8:30 a 14:00 horas e de 15:00 a 17:30 horas. Esta hora de saída permite unha gran dispoñibilidade de tempo para todo tipo de actividades. Ademais, implantamos os venres xornada continua de 8:00 a 15:00 horas, permitindo que o descanso semanal sexa un continuo de case dous días e medio.
Impacto
Incremento positivo da valoración de calidade de vida no traballo (enquisa anual realizada na compañía), impacto significativo na taxa de rotación non desexada (comprobado nas avaliacións anuais de desempeño) e descenso na taxa de absentismo.
Obxectivos
- Maior e mellor oportunidade de conciliación persoal e profesional.
- Incremento de sentimento de pertenza.
- Oportunidade de facilitar a realización de actividades de desenvolvemento profesional e persoal, como formación ou accións de vida saudable.
Empresa: Grupo Femxa
Sector: Formación
Tamaño: 240 empregados
Web: www.grupofemxa.com