Sala de concentración "Slow Thinking"

As persoas traballadoras de Grupo Gestán dispoñen dunha sala de concentración situada nas oficinas centrais, deseñada para crear un espazo de traballo no que os traballadores poden centrarse no que fan con dedicación, esmero e calma, logrando así que os seus resultados sexan mellores. A sala dispón de mesas e cadeiras regulables en altura, onde poder estar sentado ou de pé e ademais, é un lugar pechado cun cristal especial illante do ruído do resto da oficina.

Esta sala foi creada para dar cabida á necesidade, cada vez máis imperiosa, de “pisar o freo” (Slow Thinking) con motivo de mellorar as capacidades dos traballadores e gañar así en concentración, rendemento, produtividade, capacidade de xestión, etc.

Obxectivos

  • Lograr un equilibrio saudable entre os desafíos da empresa e as necesidades das persoas
  • Mellorar o rendemento do persoal que compón a organización
  • Mellora na ergonomía e a postura grazas ás mesas e cadeiras regulables en altura

Empresa: Grupo Gestán

Sector de actividade: Servizos medioambientais

Tamaño: 130 empregados

Páxina web: http://grupogestan.com/