
Responsabilízate ofrece asesoramento 100 % gratuíto destinado a apoiar as pemes e microempresas do tecido empresarial galego na súa transformación cara modelos de negocio ambiental, social e economicamente sostibles. As entidades beneficiarias reciben acompañamento integral, formación e servizos de consultoría gratuítos por parte dun grupo de expertos para desenvolver iniciativas adaptadas ás súas necesidades, recursos e prioridades.
O programa ofrece:
- Análise de estado, potencial competitivo e situación da sostibilidade da empresa.
- Formación en liña “Fundamentos ASG para empresas” (15 horas).
- Asesoramento e formación personalizados.
- Definición dun plan de acción, acompañamento na implantación das primeiras accións e seguimento.
As empresas que completan o programa reciben o Selo Responsabilízate; as entidades posuidoras deste selo sitúanse como as primeiras en avanzar cara a un novo concepto de peme e microempresa sustentable, responsable, comprometida cos valores ASG e adiantada ás tendencias normativas.
Nesta quinta edición ofrécese un novo servizo, o Servizo de diagnose, asesoramento e planificación do benestar organizacional nas PEMES galegas, que consistirá en levar a cabo unha diagnose detallada nun total de 45 pemes, mediante unha metodoloxía específica adaptada ao seu tamaño e sector. Avaliaranse os principais piares do benestar organizativo: material, físico, mental e emocional.
Os traballos a realizar incluirán:
- Deseño e execución dunha metodoloxía de recollida de información a través de entrevistas, cuestionarios e revisión documental.
- Avaliación das medidas existentes en materia de benestar e análise da súa eficacia.
- Identificación de fortalezas, debilidades e oportunidades de mellora
- Elaboración dun informe diagnóstico individual para cada empresa.
Beneficiarios
Poderán participar no programa tanto pemes como persoas traballadoras autónomas, que teñan radicado o seu domicilio social ou que conten con algún centro de traballo en Galicia. Ademais, deben cumprir os seguintes requisitos:
- Ter polo menos unha persoa traballadora por conta allea.
- Non superar os 50 millóns de euros de volume de negocio anual ou ter un balance anual inferior a 43 millóns de euros.
- Non ser entidades sen ánimo de lucro.
Documentación necesaria
- Formulario normalizado (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR320B&ano=2026&numpub=1)
- Copia da escritura de constitución, estatutos ou documentos análogos da empresa solicitante, de tratarse dunha persoa xurídica, que acredite o seu domicilio social e potestade da persoa que actúa e que asina a solicitude.
- Autorización para a comprobación dos seguintes datos:
- DNI/NIE solicitantes ou DNI/NIE persoa representante
- NIF empresa solicitante
- Vida laboral de todos os códigos da conta de cotización da empresa solicitante dos 30 días inmediatamente anteriores á data da presentación da solicitude.



