Fomento Profesional é unha empresa que ten como obxecto a difusión da cultura a todos os niveis da sociedade, facilitando as ferramentas axeitadas para que as persoas poidan desempeñar un posto de trabalo digno e estable e mellorar a súa situación profesional e laboral.
Co obxectivo de reducir o seu impacto ambiental a través da concienciación do persoal de oficina e dos clientes desenvolveron o seu proxecto «Cero papeleiras», a través da que se eliminaron todas as papeleiras das oficinas da empresa e foron substituídas por pequenos contedores nunha zona específica de cada delegación, para así fomentar a reciclaxe. Con isto desexaban reducir o número de impresións e reciclar todo o papel e cartón posible, así como impulsar a reutilización de papel e o uso de vasos fabricados cun material reutilizable.
No marco deste proxecto, todas as empresas do grupo firmaron un convenio con Ecoembes para a implantación e a mellora da recollida selectiva de envases lixeiros e papel e cartón e así converterse en centros de traballo sustentables. A partir disto, promoveron o bo uso destes contedores e implicaron ás empresas de limpeza colaboradoras para que xestionaran os residuos segundo este compromiso.
Para a difusión deste proxecto, distribuíuse información, indicando aos traballadores e traballadoras as accións que debían levar a cabo na súa zona de traballo. E de forma complementaria, durante dous anos, o regalo de Nadal da empresa estivo relacionado coa redución do consumo de plástico: unha cunca personalizada e, ao ano seguinte, unha botella de vidro.
Empresa: Fomento Profesional
Sector: Editorial
Tamaño: 150 empregados
Web: www.fomentoprofesional.com