Proxecto GEMCAT

Contexto

O apoio ao desenvolvemento de políticas de emprego de calidade é un dos alicerces sobre os que se sustenta a política social da Unión Europea. En coherencia co eixe 4 do Programa de Cooperación Territorial Transfronteiriza para España e Portugal 2014-2020, o Proxecto de Xeración de Emprego de Calidade Transfronteirizo (GEMCAT) ten como un dos seus principais desafíos lograr un mercado de traballo en harmonía cun crecemento intelixente, sustentable e integrador, que poña o acento na creación de emprego e na redución da pobreza.

Para iso, promove a construción dun marco de cooperación institucional entre os Estados membros, que fomente a coordinación e a aproximación das políticas nacionais, así como a participación entre institucións, autoridades locais e autonómicas e interlocutores sociais.

Ámbito de actuación

O Proxecto de Xeración de Emprego de Calidade Transfronteirizo (GEMCAT) intervén en varias rexións do espazo de cooperación da fronteira hispano-portuguesa como son:

  • A Comunidade Autónoma de Galicia.
  • A Comunidade Autónoma de Castela e León abrangue as provincias fronteirizas e adxacentes, isto é, León, Zamora, Valladolid, Salamanca e Ávila.
  • A Comunidade Autónoma de Estremadura.
  • No territorio portugués o ámbito de actuación será a Rexión Norte, incluíndo Minho-Lima, Cávado e Grande Porto a través da Comunidade Intermunicipal do Alto Minho, o municipio de Braga e a Universidade do Porto.

Obxetivo

O proxecto GEMCAT ten como obxectivo principal mellorar a eficiencia das políticas públicas para a creación e o mantemento de emprego de calidade, a través da cooperación entre a cidadanía e as institucións. Os seus obxectivos específicos son:

  • Construír un marco de cooperación institucional que achegue resultados concretos e melloras tanxibles no mercado laboral transfronteirizo entre España e o Norte de Portugal.
  • Contribuír a crear un diálogo social nas rexións do espazo transfronteirizo entre España e o Norte de Portugal.
  •  Incorporar medidas de igualdade de oportunidades e a favor da conciliación, así como medidas de responsabilidade social empresarial nas empresas.

 

Actividades

 

  • Creación dun grupo de traballo permanente para o deseño de políticas públicas e de novos instrumentos normativos a favor da xeración de emprego de calidade.
  • Creación de mesas de diálogo social transfronteirizo nos sectores estratéxicos.
  • Organización dun foro anual de diálogo social transfronteirizo.

 

  • Elaboración dunha axenda de RSE transfronteiriza.
  • Creación dun programa para a inclusión da RSE nas pemes do espazo transfronteirizo.
  • Creación de RSE-Innolabs para a achega de solucións concretas aos desafíos da RSE.

  • Creación dun comité pluirrexional de traballo para análise da evolución demográfica.
  • Deseño dun conxunto de políticas públicas a favor da conciliación.
  • Celebración de convocatorias públicas transfronteirizas de premios para o recoñecemento a empresas pola implantación de políticas de conciliación e igualdade.

Ligazóns de interese

Noticias