Xestión responsable de áreas forestais

Descrición

Xestión agroforestal con contratos de cesión temporal de superficie e comercialización de produtos e servizos ecosistémicos certificados. Constitución dunha Sociedade de Fomento Forestal (SOFOR) cos propietarios forestais que queiran adherirse para obter máis valor engadido pola madeira, outros produtos agroforestais e servicios ecosistémicos. Os produtos obtidos comercializaranse certificados FSC coa etiqueta SCLO e participarase na campaña madewitheart, entre outras.

Impacto

Xeración de actividade económica local, activación do emprego local e mellora da imaxe territorial e paisaxística.

Empresa: Aldán
Sector: Forestal
Tamaño: 2 empregados