Para dar visibilidade á aprendizaxe da música para un correcto desenvolvemento emocional, físico e psíquico e conseguir que todos os nenos e nenas de entre 6 e 13 anos poidan achegarse á formación musical, o Conservatorio Profesional Presto Vivace desenvolveu co apoio de Obra Social La Caixa o proxecto "Música dixital para todos".
Esta iniciativa está orientada a desenvolver o talento musical na infancia e aproveitar ao máximo a creatividade, cunha perspectiva de igualdade para evitar a exclusión social e económica. Para iso, desenvolvéronse clases gratuítas, dotadas de recursos tecnolóxicos para aprender música, así como un profesor cualificado en música dixital. Así, permitiron que as familias sen recursos tivesen a oportunidade de que os seus fillos e fillas aprendan música grazas á tecnoloxía e as aplicacións e dispositivos dispoñibles na actualidade.
Empresa: Presto Vivace
Tamaño: 25 empregados
Sector: Educación musical e danza
Web: www.prestovivace.es