Benestar dos recursos humanos

Descrición

O compromiso coa RSE de Promove, unha das empresas recoñecidas co Premio RSE Xunta de Galicia no ámbito de conciliación e igualdade, acompáñaos desde o comezo. Agora transmiten os seus valores a outras persoas emprendedoras, comunicando que outra forma de facer empresa é posible.

Saben que os recursos humanos son o activo máis importante da empresa e, co obxectivo de promover o benestar do equipo e a súa felicidade no ámbito empresarial, familiar e persoal; esta consultoría adaptou o traballo ás circunstancias persoais e familiares de cada un dos empregados e impulsou unha contorna agradable para xerar unha relación de confianza e colaboración entre as persoas que forman parte dela.

Aplicando os conceptos de empatía, solidariedade, confianza e responsabilidade no seu día a día, xunto con medidas clave, como flexibilidade horaria e espacial e traballo por obxectivos, acadaron a súa meta.

Impacto

Aumentou a calidade de vida profesional e persoal dos seus traballadores, o que repercute na calidade dos proxectos que están a desenvolver. Tamén se promoveu a fixación das persoas no territorio e o coidado de fillos e persoas dependentes. Por tanto, estas medidas non só favoreceron ao equipo, senón tamén á súa contorna, posto que a flexibilidade laboral permitiulles ter unha vida persoal máis activa, permitíndolles implicarse en maior medida nas actividades da familia e a comunidade. 

Empresa: Promove
Tamaño: 3 empregadas
Sector: Consultoría
Web: http://promoveconsultoria.com/

 

Banco de ideas, RSE Xunta Promove Conciliación