A sostibilidade social empresarial é aquela parte da sostibilidade empresarial que integra plenamente na xestión e funcionamento da entidade as seguintes dimensións de actuación:
- Interna: factores relativos á igualdade de trato e oportunidades entre homes e mulleres, a igualdade de xénero, a igualdade de retribución por un traballo do mesmo valor, a conciliación da vida privada e a vida laboral, a formación e o desenvolvemento das capacidades do seu persoal, o traballo saudable e seguro ou as medidas contra a violencia e o acoso que inciden na consecución de mellores índices de benestar laboral.
- Externa: factores que, en virtude do principio de solidariedade e compromiso coas comunidades e contornas nas que se insiren, favorecen o desenvolvemento local e a cohesión social e territorial.