Co obxectivo de lograr unha maior optimización dos recursos existentes a Confraría de Pescadores de Noia impulsa un plan de formación e divulgación sobre o impacto do lixo mariño dirixida a mariscadores/a. Unha iniciativa na que participan o Patrón Maior e a directiva da Agrupación de Mariscadores/as a pé "A Misela", así como un equipo de RSC da Confraría integrado por unha 1 bióloga mariña, un técnico de xestión e un técnico en RSC.
O propósito é realizar limpezas activas do lixo mariño nos bancos marisqueiros intermareais cun inventario de todo tipo de residuos e peso; clasificar e depositar correctamente todo isto para ser entregado a un xestor autorizado.
Para poder realizar o traballo de recollida e clasificación, o proxecto disporá de contedores, proporcionados polos concelllos de Noia e Outes destinados a clasificar os residuos. Mentes que a Confraría de Pescadores de Noia poñerá a disposición do programa sacos, dous vehículos, dúas embarcacións, básculas e infraestrutura de oficina.
Para poder chegar ao obxectivo final Econoia inclúe un apartado de divulgación dos resultados do programa para coñecemento de toda a poboación, que se realizará a través de trípticos, con cartelería do proxecto na que se mostrará a ría de Muros-Noia.
Impacto
O obxectivo final é dobre e directamente relacionado. Por unha banda a redución do impacto ambiental, ao tempo que se busca un incremento nas vendas. Mentres que se traballa en todo isto, tamén se fomentan as sinerxias con outras confrarías de pescadores, ONG´s e a administración.
No desenvolvemento da iniciativa, participan a Agrupación de Mariscadores/as a pé da Confraría de Pescadores de Noia; o Concello de Noia e o de Outes; a Asociación Mar de Noia, a de Mar de Fábula e a Sociedade Cultural Recreativa LICEO de Noia.
Esta iniciativa pode repercutir en máis de 1.500 mariscadores/as a pé e a flote; nos cidadáns dos concelllos de Noia e Outes, e no o sector do ocio e turismo que goza deste espazo natural. Todo isto a través dun proxecto enmarcado no Plan Mar Limpo da Consellería do Mar da Xunta de Galicia para a protección e conservación dos bancos marisqueiros.
Empresa: Confraría de Pescadores de Noia
Sector: Alimentación- economía.
Tamaño: 100 empregados.
Web: www.cofradianoia.es