Ao igual que o ano pasado coas iniciativas relacionadas coa protección da fauna marítima das Rías Baixas, Termavi mantén durante o 2021 o seu compromiso co medio ambiente mediante unha serie de accións que teñen como finalidade a limpeza das costas galegas de todo o lixo que se atopa nas praias. E xunto con outras actividades de protección a animais mariños, todo este conxunto de obxectivos deu como resultado un convenio entre a empresa o Bottlenose Dolphin Research Institute (BRDI) de O Grove.
Para levar a cabo esta iniciativa, crearon as xornadas #MiCostaSinPlásticos, das cales a primeira tivo lugar a finais de maio e se desenvolveu na zona costeira que vai dende a praia de Rons e Punto Cantodorxo ata A Virxe das Mareas en O Grove.
Un total de 21 persoas de diferentes países (Francia, Inglaterra, Alemaña e España) formaron varios grupos para respectar as distancias de seguridade e medidas sanitarias actuais debido ao coronavirus e recolleron máis de 5800 pezas de plástico de diversa orixe, entre as que se atopan máis de 50 máscaras sanitarias, decenas de latas de refrescos ou nasas abandonadas, coas que encheron dous contedores de lixo.