Descrición
O proxecto pretende dar a coñecer aos estudantes universitarios o valor que aportan a economía social en xeral e os centros especiais de emprego en particular. Ademais, trata de sensibilizar sobre as dificultades de participación social das persoas con discapacidade, especialmente no que ten que ver co acceso ao emprego.
En colaboración coas universidades de A Coruña e Santiago de Compostela realizáronse xornadas formativas e casos prácticos sobre centros especiais de emprego, que foron obxecto de estudo por parte do alumnado. Deste xeito, os participantes coñeceron a realidade deste tipo de empresas que, salvo pola súa misión e impacto social, non se afastan moito na xestión dunha empresa ordinaria.
Impacto
- Participaron 200 universitarios e realizáronse catro casos prácticos sobre centros especiais de emprego.
- Forética seleccionou a iniciativa para a campaña Enterprise 2020 no eixo temático de "Habilidades para o emprego".
Empresa: Galega de Economía Social
Sector: Consultoría e asesoría
Tamaño: 25 empregados
Web: www.galegadeeconomiasocial.es