O vindeiro martes 9 de abril, de 11:30 a 12:30h, terá lugar o segundo dos webinars sectoriais do PROGRAMA RESPONSABILÍZATE da Xunta de Galicia. Neste evento virtual, representantes de pequenas e grandes empresas farán un percorrido polas dimensións ASG (Ambientais, Sociais e de Bo Goberno) das empresas especializadas en biotecnoloxía e ciencias da saúde, sector de gran potencial competitivo en Galicia e cuxa actividade está fortemente vinculada ao desenvolvemento sostible.
O webinar contará coa participación de:
· Dª Elena Mancha, directora xeral de Relacións Laborais da Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade en Xunta de Galicia
· Dª. Loli Pereiro, xerente de BIOGA
· D. Alejandro García, director asociado de Instalacións e Relacións Internacionais de LONZA
· Dª. Claudia Fernández Mariña, Innovation Hub Manager de HIFAS DA TERRA
· D. Daniel Domínguez, xerente e coordinador do programa Responsabilízate de Valora Consultores.
A serie de webinars sectoriais ten lugar no marco de execución da cuarta edición do RESPONSABILÍZATE, un programa de asesoramento totalmente gratuíto impulsado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para apoiar ás pemes e microempresas galegas na súa transformación cara a modelos de negocio ambiental, social e economicamente sostibles. As entidades beneficiarias reciben acompañamento integral, formación e servizos de consultoría gratuítos por parte dun grupo de expertos para desenvolver iniciativas ASG adaptadas ás súas necesidades, recursos e prioridades.
Podes formalizar a túa inscrición no webinar clicando na seguinte ligazón: https://events.teams.microsoft.com/event/948d647a-839c-4212-b1b8-59876c542e04@95319ae4-941f-4e26-9d04-9fb170973a57
Se queres que a túa empresa forme parte da cuarta edición do programa Responsabilízate, solicita praza antes de que se esgoten: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?langId=es_ES&codtram=TR320B