A nova versión de Xunta Pro RSE pon a disposición da túa empresa un servizo en liña no que poderás avaliar o estado e reportar iniciativas e indicadores de actuacións en materia de RSE.
Conscientes da importancia de apoiar ao tecido empresarial, damos un paso máis coa mellora desta ferramenta, totalmente innovadora e adaptada á normativa vixente actualmente, para que a túa compañía poida ser máis responsable, sustentable e igualitaria.
Como novidade, incluímos a opción de emitir informes de Estado de Información Non Financeira, ademais dos xa dispoñibles nas versións anteriores, que foron renovados e actualizados.
Por que usar Xunta Pro RSE?
Xunta Pro RSE permite a integración das variables da responsabilidade social empresarial na xestión, dunha forma gráfica e intuitiva. A nova versión facilita as empresas o reporte da súa actividade cumprindo estándares nacionais e internacionais.
Que informes podes xerar coa nova versión?