Canais de comunicación, participación e diálogo cos grupos de interese

Para Grupo Gestán a identificación e xestión dos grupos de interese é un elemento esencial para o desenvolvemento da estratexia de RSE. Identificar, coñecer e colaborar con todos os grupos de interese é un aspecto clave para a compañía e que ademais permite orientar a toma de decisións.

Implantouse un plan de comunicación que garante a interlocución entre os diferentes niveis xerárquicos a través de diferentes canles que as persoas traballadoras teñen á súa disposición: taboleiros de anuncios e suxestións, caixas de correos físicas, correo electrónico, páxina web interna NON SEN TI, reunións, escritos, trato directo, etc. Ademais, disponse do sistema Compliance adaptado á lexislación vixente e unha canle de denuncia dobre (interno e externo).

Realízanse anualmente diferentes enquisas enfocadas ás partes interesadas da compañía: enquisas de clima laboral ás persoas traballadoras, enquisas dirixidas aos nosos clientes e empresas provedoras, e dirixidas á nosa contorna social (comunidade, contorna ecolóxica global, e outros grupos como veciños ou ONGs que defenden dereitos sociais).

Obxectivos

  • Axiliza os procesos e contribúe a aumentar a produtividade das persoas traballadoras da Compañía
  • Permite identificar as necesidades e expectativas dos grupos de interese
  • Identificar oportunidades de mellora e previr situacións de risco

Empresa: Grupo Gestán

Sector de actividade: Servicios medioambientais

Tamaño: 130 empregados

Páxina web: http://grupogestan.com/