Co obxectivo de sensibilizar a toda a comunidade atlética e aportar información útil sobre a conservación da contorna desde o deporte, o Club de Atletismo Coruña Comarca publicou a súa Guía de Boas Prácticas Medioambientais, dispoñible nesta ligazón.
A través desta publicación, pretendían integrar de formar progresiva estas boas prácticas na súa rutina diaria e transmitir ás xeración futuras a importancia do coidado e o respecto do medio ambiente.
Coa elaboración desta guía, de carácter totalmente altruísta, convertéronse no primeiro club de atletismo que publica un documento destas características, posto que anteriormente si existían publicacións similares realizadas por federacións de montaña e escalada, pero ningunha deste deporte en particular.
Impacto
O impacto buscado era a redución do impacto ambiental do atletismo e o uso do deporte como elemento de sensibilización. A través da difusión do documento estanse a formar alianzas con outros clubs deportivos para unir esforzos e avanzar cara o movemento do #greenatletismo.
Empresa: Club de Atletismo Coruña Comarca
Sector: Deportes
Tamaño: 200
Web: corunacomarca.blogspot.com