Responsabilízate

O programa Responsabilízate trata de achegar ás pequenas e medianas empresas (pemes) e autónomos de Galicia a RSE (responsabilidade social empresarial) para facer do galego un tecido empresarial máis xusto, rendible e competitivo a través dunha forma de xestión responsable coa sociedade e o ambiente. 

En que consiste?

As pemes e autónomos participantes no programa Responsabilízate poden beneficiarse, de forma gratuíta, deste programa que se divide en dúas fases.

Na primeira fase, de diagnose, analízase o estado das empresas e o potencial das mesmas en materia de responsabilidade social empresarial. Para tal fin emprégase o software gratuíto Xunta PRO RSE, unha ferramenta que tamén se usará para a elaboración das memorias de RSE. 

Esta fase complétase con formación. Así, os participantes tratan aspectos referidos á sensibilización e aos grupos de interese, así como as ferramentas de xestión existentes no contexto da RSE. A formación conta cunha parte presencial, baseada en sesións grupais teórico-prácticas; e unha parte en liña a través dunha plataforma con contido específico. Ofrécese tamén o servizo de asistencia personalizada dun titor, con seguimento persoal dos participantes e avaliación da adquisición de competencias. 

A segunda e última fase oriéntase á redacción dun plan de acción de RSE específico para cada empresa. Co propósito de fortalecer o compromiso da empresa coa RSE e sentar as bases para un diálogo habitual e continuado cos grupos de interese, as empresas, acompañadas por asesores, recompilan a información necesaria para trazar un plan adaptado ás súas necesidades con tres dimensións de actuación: económica, social e ambiental. Unha vez identificadas as accións asociadas, os asesores axudan aos participantes a priorizar accións segundo a súa urxencia, viabilidade, garantía e importancia.

Obxectivos
  • Xerar sensibilidade e coñecemento sobre a RSE.
  • Achegar información actual e práctica na materia.
  • Fomentar a autonomía da peme no desenvolvemento da RSE.
  • Impulsar un maior desenvolvemento e implantación da RSE nas pemes galegas.
  • Promover a elaboración de informes de RSE.
 

Bases reguladoras

Ligazóns de interese

Noticias

Xunta de Galicia
Turismo de Galicia
Préstamo sen intereses emekliye kredi faizsiz
sitios de apostas fiables - dert hattı

agario - - betebet betebet