Reciclaxe solidaria de móbiles obsoletos

Arce Clima, empresa de instalacións e mantemento de sistemas de climatización, protección contra incendios, enerxías renovables e frío industrial, foi unha das compañías participantes na primeira edición de Responsabilízate e, para contribuír no coidado do medio ambiente, levaron a cabo unha reciclaxe solidaria de teléfonos móbiles obsoletos. 

Con esta iniciativa perseguían o obxectivo de fomentar a economía circular e o aproveitamento dos residuos a través da reutilización de terminais. Deste xeito, invitaron ao seu persoal a que realizasen unha correcta eliminación dos seus dispositivos para un maior respecto do medio ambiente. 

Os terminais vellos son entregados á ONG Oxfam Intermón, que conta cun sistema de recollida deste tipo de aparellos, que son analizados e, aqueles que poden ser aproveitados, envíanse a países en vías de desenvolvemento. Os que non poden ser reparados, desmóntanse e sepáranse os seus compoñentes para aproveitar os que estean en perfecto estado. Así, reducen a demanda de certos compoñentes coma o coltán, que degrada os ecosistemas. 

 

Empresa: Arce Clima Sistemas y Aplicaciones S.L.

Sector: Siderometalúrxico

Tamaño: 180 empregados

Web: www.arceclima.com