Desde o grupo sanitario Povisa trabállase na redución das emisións de CO2 a través de distintas accións que lles permitiron que entre 2018 y 2019 a pegada de carbono da empresa descendera nun 10%. Unha labor que continúa co obxectivo de chegar ao 2024 ao 50% menos de consumo de auga, un 30% menos de enerxía e un 35% no caso do gasto de gas natural.
Unha carreira que xa comezaron a través da instalación de paneis de enerxía solar fotovoltaica nos tellados das instalacións. Do mesmo xeito mudaron os antigos equipos de frío por outros de alta eficiencia e as billas e cisternas foron mudadas por mecanismos temporizados e de caudal reducido.
Co propósito de achegarse a cifras que suporán, se fora dióxido de carbono dunha redución de preto de 2.000 toneladas, o grupo segue traballando en todas estas iniciativas. Para acadar a meta de reducións a empresa traballa na concienciación e implicación tanto dos profesionais da empresa como dos doentes. Do mesmo xeito nestas acciones traballouse conxuntamente Naturgy e o Inega.
Un traballo a favor do medio ambiente que foi recoñecido coa concesión da certificación de Pegada de Carbono de AENOR tras a auditoria nacional que se realiza segundo o acordo de París e avalada polo Ministerio para a Transición Ecolóxica.
Empresa POVISA (grupo sanitario Rivera)
Sector: sanitario
Tamaño: 1.500 empregados
web: https://www.povisa.es/