•   image

    PROXECTO GEMCAT

    Ampliado o prazo de participación nos Premios Transfronteirizos de Conciliación e Igualdade ata o 24 de maio

    Máis información 

  • image

    XERACIÓN RESPONSABLE

    Achegamos a RSE ás persoas mozas de Galicia

    Consultar

  • image

    XUNTA PRO RSE

    Xa está dispoñible a última versión deste software gratuíto

    Descargar

  • image

    EMPREGA SAUDABLE

    Guía de revitalización da empresa

    AUTODIAGNÓSTICO DESCARGAR

Cal é o nivel de benestar e saúde na túa empresa?

Premios RSE Galicia


O prazo para a presentación de candidaturas estará aberto ata o vindeiro 17 de xuño.

ver máis

Estratexia galega de RSE


Apostamos por unha Galicia máis igualitaria, máis responsable e competitiva.

ver máis

RSE-Innolab

Coñece a programación desta oficina de asesoramento en materia de responsabilidade social.

ver máis

Xunta PRO RSE

Xunta PRO RSE

Poñemos ao teu dispor esta ferramenta gratuíta para elaborar informes de sustentabilidade.

ver máis

Noticias destacadas

Máis novas

Publicacións RSE

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, elabora diferentes publicacións ao redor da responsabilidade social empresarial.

Apostamos por un tecido empresarial competitivo que tamén medre en valores, e o faga en todos os eidos da responsabilidade social. Por iso apoiamos as empresas, sobre todo pemes, dos sectores produtivos estratéxicos da nosa comunidade coa elaboración de guías que lles sirvan de axuda para aplicar a RSE no seu modelo de negocio.

Ver todas as publicacións

Uncategorised

Recoñecementos

imprimirCorreo electrónico

Premios RSE GaliciaRede DIE
A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, convocou en 2015 a primeira edición destes galardóns. O obxectivo é recoñecer anualmente as empresas que fan RSE na comunidade galega. Ler máis.
Distintivo "Igualdade na empresa". A nivel estatal este distintivo pódeno empregar as empresas que destaquen polas súas políticas de igualdade. Ler máis.

Formación

imprimirCorreo electrónico

Recursos

imprimirCorreo electrónico

Boletín

boletín

Descarga as newsletters de RSE Xunta de Galicia.

ver máis

Axudas e incentivos

axudas económicas Xunta RSE

Infórmate das axudas e subvencións dispoñibles neste momento.

ver máis

RSE-Innolab

Coñece a programación desta oficina de asesoramento.

ver máis

Emprega Saudable

emprega saudable

Avalía o estado de saúde da empresa onde traballas.

ver máis

Responsabilízate

Responsabilízate

Programa gratuíto de asesoramento para pemes.

ver máis

Xeración Responsable

Achegamos a RSE ás novas xeracións de Galicia.

ver máis

Proxecto GEMCAT

width=

Proxecto de Xeración de Emprego de Calidade Transfronteirizo.

ver máis

Publicacións

Xunta PRO RSE

Consulta as guías sectoriais e outros documentos de RSE Xunta.

ver máis

Xunta PRO-RSE

ferramentas RSE Xunta

Ferramenta para elaborar informes de sustentabilidade.

ver máis

Ferramentas

Xunta PRO RSE

Explora as ferramentas a ter en conta en materia RSE.

ver máis

Formación

formación RSE Xunta

Consulta as diversas opcións para formarte en responsabilidade social.

ver máis

Recoñecementos

reconocimientos RSE Xunta

Consulta os recoñecementos que existen en RSE.

ver máis

Edición 2015

imprimirCorreo electrónico

Os premios RSE Galicia queren ser un recoñecemento público a aquelas iniciativas e boas prácticas levadas a cabo polas empresas galegas. Ao mesmo tempo, pretenden sensibilizar ao empresariado da nosa comunidade sobre a necesidade de incorporar a RSE no desenvolvemento da súa actividade, así como concienciar a opinión pública sobre a importancia dunha forma de xestión empresarial responsable.

Fallo do xurado Premios RSE Galicia 2015

Os premios RSE Galicia pretenden ser un recoñecemento público a aquelas iniciativas e boas prácticas desenvolvidas polas empresas galegas en calquera das dimensións ou ámbitos (social, económico e ambiental) da RSE.

O xurado dos premios RSE Galicia 2015 acorda conceder, por unanimidade, un total de 8 premios e 2 mencións ás seguintes empresas nas súas distintas categorías e ámbitos.

Pequena empresa

  • Ámbito social:  Metal Ferrol
  • Ámbito ambiental: Encapsulantes de Valor Añadido e Generadores Europeos (premio compartido) e Porto-Muíños (mención)
  • Ámbito económico: Ambical Proyectos

Mediana empresa

  • Ámbito social: Feiraco
  • Ámbito económico: Autoridade Portuaria da Coruña

Grande empresa

  • Ámbito social: Gadisa
  • Ámbito ambiental: Grupo Calvo
  • Ámbito económico: Grupo Calvo (mención)

 

Ligazóns de interese

 

Edición 2016

imprimirCorreo electrónico

A Xunta de Galicia, no seu interese por promover e difundir a responsabilidade social empresarial, concede os Premios RSE Galicia. Estes galardóns recoñecen as boas prácticas das empresas galegas en catro ámbitos: social; ambiental; económico, e de conciliación laboral, familiar e persoal e promoción da igualdade de xénero.

Fallo do xurado Premios RSE Galicia 2016

O xurado dos premios RSE Galicia 2016 acorda conceder, por unanimidade, un total de 11 premios ás seguintes empresas nas súas distintas categorías e ámbitos.

Pequena empresa

  • Ámbito social: Casa Grande de Xanceda S.A.T.
  • Ámbito económico: Metal Ferrol S.A.L.
  • Ámbito ambiental: Revertia Reusing&Recycling S.L.
  • Ámbito conciliación e igualdade: Promove Consultoría e Formación S.L.

Mediana empresa

  • Ámbito social: M. Caeiro S.A.
  • Ámbito económico: R.C. Deportivo de La Coruña S.A.D.
  • Ámbito ambiental: M. Caeiro S.A.
  • Ámbito conciliación e igualdade: Pescados Rubén S.L.

Grande empresa

  • Ámbito social: Quesería Entrepinares S.A.U.
  • Ámbito ambiental: Abanca Corporación Bancaria S.A.
  • Ámbito conciliación e igualdade: Peugeot - Citroën Automóviles España S.A.

Mencións

Ademais, outórganse as seguintes mencións na categoría de pequena empresa:

  • Ámbito social: Ledisson A&IT S.L.
  • Ámbito ambiental: Tratamiento Medioambiental de Vehículos S.L. (Trameve)

Galería fotográfica

Ligazóns de interese

 

Ferramentas

imprimirCorreo electrónico

Obxectivos de Desenvolvemento SustentableGlobal Reporting Initiative (GRI)Pacto Mundial das Nacións UnidasSeries ISOAA 1000Ecoetiqueta europeaModelo de Excelencia da EFQM OHSAS 18001RS 10SA8000SGE 21EMASDirectrices da OCDE
Os 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible (aprobada polos dirixentes mundiais en setembro de 2015 no cumio das Nacións Unidas) entraron en vigor oficialmente o 1 de xaneiro de 2016. Con estes novos obxectivos, nos vindeiros 15 anos os países intensificarán os esforzos para poñer fin á pobreza, reducir a desigualdade e loitar contra o cambio climático. Ler máis.

É o modelo de elaboración de memorias de RSE máis estendido e consensuado. Establece a nivel global as guías necesarias para aquelas organizacións que, de xeito voluntario, pretendan emitir informes de RSE, proporcionando un marco xeral e común. Ler máis.

Contén unha serie de principios relativos á RSE aos que as empresas se adhiren de maneira voluntaria. É un compromiso público que esixe a presentación periódica de información sobre o progreso acadado. Ler máis.

A Organización Internacional para a Estandarización (ISO) é unha organización non gobernamental que ten por obxectivo harmonizar as diferentes normas sobre xestión que existen no mundo sobre os mesmos aspectos. Existen tres grandes familias de normas ISO: as 9000 sobre calidade; as 14000 sobre ambiente, e a ISO 26000 sobre responsabilidade social, que non é unha norma certificable, senón unha guía para a xestión da RSE na empresa. Ler máis.

Estándar mundial para asegurar a calidade e credibilidade da información sobre RSE. É unha norma non certificable pero auditable. Describe un conxunto de procesos que unha organización pode seguir para contabilizar, xestionar e comunicar a RSE, insistindo na necesidade de definir as actuacións de RSE mediante un diálogo permanente cos grupos de interese. Ler máis.
Pretende promocionar os produtos con menor impacto ambiental. Para recibila os produtos han de cumprir determinados criterios que teñen en conta todos os aspectos do ciclo de vida íntegro do produto, desde a súa produción e utilización, ata a súa eliminación final. Permite ás entidades fabricantes incorporar o logotipo da Ecoetiqueta tanto no produto como na publicidade deste. Ler máis.

 

É unha ferramenta para a xestión da calidade que posibilita orientar a organización de cara á clientela, sendo un dos seus froitos a sensibilización do equipo directivo e do persoal para mellorar os seus produtos e/ou servizos. A base do modelo é a autoavaliación, entendida como un exame global e sistemático das actividades e resultados dunha organización que se compara cun modelo de excelencia empresarial (normalmente unha organización punteira). Ler máis.
Sistema de xestión da seguridade e saúde laboral. Require que as empresas se comprometan a eliminar ou minimizar riscos para o seu persoal e outras partes interesadas que puideran estar expostas a perigos asociados coas súas actividades.

Este documento establece requisitos para definir, implantar, manter e mellorar un sistema de xestión da responsabilidade social co propósito de lograr a satisfacción dos grupos de interese e o cumprimento da política de RS. A especificación vai dirixida a todo tipo de organizacións, independentemente do seu sector ou tamaño e caracterízase pola súa flexibilidade para adaptarse ás particularidades de cada organización, especialmente no caso das pemes. Ler máis.
Presta atención aos aspectos laborais. Fai referencia a varias normas sobre dereitos humanos que inclúen a Declaración Universal dos Dereitos Humanos e a Convención sobre os Dereitos do Neno das Nacións Unidas. Ler máis.

A norma SGE 21, Sistema de Xestión Ética e Socialmente Responsable, é a primeira norma europea que establece os requisitos que debe cumprir unha organización para integrar na súa estratexia e xestión a RS. Ler máis.
Sistema Comunitario de Ecoxestión e Ecoauditoría é unha ferramenta voluntaria deseñada pola Comisión Europea para a inscrición e recoñecemento público daquelas empresas e organizacións que teñen implantado un sistema de xestión ambiental que lles permite avaliar, xestionar e mellorar os seus impactos ambientais, asegurando un excelente comportamento neste eido. Ler máis.

Son recomendacións aceptadas polos gobernos de distintos países e dirixidas ás empresas multinacionais para que cumpran determinados principios en materia laboral, de ambiente, dereitos humanos, impostos, etc. Aínda que unha empresa non se adhira a elas ou non teñan sido recoñecidas polo goberno dun país, calquera particular pode demandar a unha empresa que viole os seus enunciados. Ler máis.

Xunta PRO RSE

imprimirCorreo electrónico

Xunta PRO-RSE é unha ferramenta software que a Xunta de Galicia pon ao dispor das empresas galegas de xeito gratuíto co fin de facer a diagnose da situación da empresa para a posterior elaboración de memorias de responsabilidade social. A ferramenta está adaptada á nova versión G4 de GRI, principal estándar internacional, e xera o informe de sustentabilidade necesario para realizar as ditas memorias. Xunta PRO-RSE permite ás empresas a integración das variables da responsabilidade social empresarial na xestión do seu negocio, dunha maneira sinxela e gráfica. As empresas poderán visualizar os indicadores e o estado das súas propias actuacións en materia sociolaboral, ambiental e económica e testar a súa evolución a través dos cambios que se vaian introducindo nos indicadores, en función das accións que desenvolvan ao longo do tempo.

Características e funcións
  • Emisión de informes paa a elaboración dos estándares da Xunta de Galicia (con indicadores propios e personalizados), GRI G4 e Pacto Mundial.
  • Poñer en valor e controlar as actuacións da empresa, podendo incluír datos cualitativos e cuantitativos.
  • Identificar as fortalezas e debilidades das empresas dentro da RSE, detectando as posibles áreas de mellora que axudarán as empresas a definir os plans de actuación na materia.

 

 

Formulario de solicitude do instalador da ferramenta XUNTA PRO-RSE










Publicacións

imprimirCorreo electrónico

Emprega Saudable

Na súa aposta polo emprego de calidade, a Xunta de Galicia pon ao dispor das empresas esta guía para potenciar os espazos de traballo saudables e, así, incrementar o número de persoas empregadas satisfeitas en Galicia e mellorar a produtividade das empresas.

Emprega Saudable: guía de revitalización da empresa

Guías sectoriais

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pon a disposición das pequenas e medianas empresas galegas unha serie de guías prácticas, de fácil lectura e aplicación, orientadas a destacar os aspectos clave da RSE para cada sector, segundo as súas características e especificidades propias.

Manual RSE para as entidades de economía social

Guía RSE para o sector da construción

Guía RSE para o sector turismo

Guía RSE para o sector adegueiro

Guía RSE para o sector TIC

Guía RSE para o sector téxtil

Guía RSE para o sector conserveiro de peixes e mariscos

Guía RSE para o sector do automóbil

Guía RSE para o sector da madeira

Guía de integración de criterios ASG e acceso a investimento responsable

 

Outras publicacións

Plan estratéxico de RSE de Galicia 2012-2014

Este documento propón unha serie de obxectivos e accións para as empresas, as organizacións, a propia Administración e a sociedade de cara á creación dun marco idóneo para a incorporación de prácticas socialmente responsables nas empresas galegas.

Descargar

Estudo racionalización de horarios

A publicación recolle unha análise sobre o estado e as tendencias da racionalización de horarios en Galicia e unha comparativa con outras comunidades. O estudo fai fincapé no eido da conciliación da vida persoal, familiar e laboral.

Descargar

Acordo a prol da Responsabilidade Social Empresarial en Galicia

O acordo a prol da RSE en Galicia, xurdido do Diálogo Social de 2007, representou un importante avance no apoio institucional á RSE en Galicia, partindo dun consenso e achegamento nesta materia entre a Xunta e os principais grupos de interese da responsabilidade social. Entre as 27 liñas de actuación recollidas no acordo atópanse o fomento da formación, a promoción da transparencia informativa, o impulso á implantación nas empresas de sistemas de xestión, a mellora das condicións laborais dos traballadores e traballadoras, a promoción dos valores da RSE e a creación de liñas de axuda.

Descargar

Guía Emprega Saudable

imprimirCorreo electrónico

Podes descargar "Emprega Saudable. Guía de revitalización da empresa" no botón inferior. Agardamos que o documento sexa do teu interese e axude a mellorar a saúde da túa empresa. Atoparás recomendacións e exemplos para aplicar boas prácticas na materia. Unha vez postas en marcha, e pasado un tempo, podes comprobar a evolución dos niveis de benestar e saúde na empresa volvendo facer o autodiagnóstico.

Emprega Saudable

Xunta de Galicia
Turismo de Galicia
mapaches

betebet yeni giriş, uno de los sitios de apuestas de confianza, tiene una amplia gama de servicios de apuestas. Forma autorizada de servir a sus miembros. El sitio https://girisadresi.mobi/betebet/ el gobierno de Curazao Opera en nuestro país a través de medios legales.
- agario -nakliyat fiyatları çavuşoğlu evden eve nakliyat - agario unblocked