Guía de Boas Prácticas Paisaxísticas na Terra Chá

Agroamb Prodalt naceu como iniciativa de emprego local co obxectivo de dar resposta á valorización dos residuos orgánicos coa elaboración de fertilizantes agrícolas e forestais. Participante na primeira edición de Responsabilízate, conforma hoxe un grupo de catro empresas de capital integramente galego con orixe familiar e nacidas no rural.

Esta empresa firmou un acordo de colaboración coa Fundación Juana de Vega e a súa Escola da Paisaxe, cuxo resultado é a Guía de Boas Prácticas Paisaxísticas na Terra Chá. Trátase dun estudo de mellora e potenciación dos valores paisaxísticos nun contexto agrícola, con poboación dispersa en pequenos núcleos. Con esta publicación preténdese aproximar a Terra Chá á poboación, descubrir o seu valor e expresar unha serie de recomendacións que axuden ao desenvolvemento sustentable do medio rural e á súa mellora paisaxística, contribuíndo á revitalización patrimonial e socioeconómica da contorna.

Impacto

Redución do impacto ambiental, sensibilización e divulgación do patrimonio natural. 

Ademais, esta iniciativa leva asociados dous principios do Pacto Mundial das Nacións Unidas: o Principio 7 (As empresas deberán manter un enfoque preventivo que favoreza o medio ambiente) e o Principio 8 (As empresas deben fomentar as iniciativas que promovan unha maior responsabilidade ambiental).

Tamén ten relación cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable. En concreto o ODS 11, Cidades e Comunidades Sustentables, o ODS 15, Vida de Ecosistemas Terrestres; e o ODS 17, Alianzas para lograr os obxectivos.

 

Empresa: Agroamb Prodalt

Tamaño: 38 empregados

Sector: Agricultura e fabricación de fertilizantes órgano-minerais.

Web: http://agroamb.com/