A empresa construtora Desarrolla Obras y Servicios puxo en marcha unha acción que se enmarca dentro do compromiso social que a compañía amosou dende o seu nacemento, un compromiso en liña co proxecto Life+.
Este programa bautizouse como DLonas e consiste na doazón das lonas das obras da empresa á Fundación Adcor co obxectivo de mellorar a vida das persoas adultas en situación de dependencia. Esta organización sen ánimo de lucro transforma as lonas de Desarrolla en bolsas. Máis adiante está previsto que se convertan en cadernos ou carpetas.
Para recadar fondos, montouse un stand nas oficinas centrais de Desarrolla, situadas na praza da Fábrica de Tabacos da Coruña, onde todo aquel que o desexe pode adquirir unha das pezas fabricadas a través da reciclaxe das súas lonas. Os ingresos destinaranse aos distintos programas sociais que impulsa a Fundación Adcor, que traballa dende os anos 90 realizando un labor que inclúe servizos como orientación e asesoramento a persoas en situación de vulnerabilidade, formación ou atención á terceira idade.