Praxxis Inclusión Sociedade Cooperativa Galega ten como fins deseñar e desenvolver actividades accesibles e inclusivas, en particular as náuticas; deseñar ferramentas, servizos e produtos que teñen en conta calquera aspecto relacionado coa accesibilidade universal; e deseñar modelos de negocio triplo balance que proporcionen solucións transversais, sostibles, sociais e de alto impacto.
A entidade puxo en marcha unha iniciativa para terminar co abandono de embarcacións no mar, rías e ríos, xa que día de hoxe son máis de 1.000 barcos abandonados na costa galega, contaminando e producindo impactos negativos no medio ambiente. Para iso, esta iniciativa busca pechar de verdade o círculo da náutica desde a fabricación dos barcos, pasando polo seu fin de vida (cando xa non poden navegar) e atopar solucións desde o desmantelamento e reciclaxe das partes ou a procura doutros usos. Implicaron a autoridades marítimas, capitanías, estaleiros, deseñadores, autoridades administrativas (comunidade, deputacións, concellos...) e contratado a persoas vulnerables para realizar este labor, sendo os primeiros colectivos beneficiarios da iniciativa.
Empresa: Praxxis Inclusión Sociedade Cooperativa Galega
Número de empregados: 2
Páxina web: www.praxxis.gal