A Coruña celebra a 19ª Edición do Anuario Corresponsables

A Coruña celebra a 19ª Edición do Anuario Corresponsables

Imprimir Email
(0 votos)
Media

Corresponsables e Xunta de Galicia presentarán a 19ª Edición do Anuario Corresponsables, baixo o título ‘La evolución y tendencias de la sostenibilidad y la comunicación responsable’, o vindeiro mércores 12 de xuño, de 10 h. a 13:30 h., no Auditorio de Afundación (Cantón Grande 8, 15003, A Coruña).  

Neste encontro reuniránse organización e expertos de Responsabilidade Social e Sostibilidade para reflexionar sobre as últimas novidades neste ámbito, como as actuais directrices europeas; a aplicación das novas tecnoloxías (Big Data, AI…) para impulsar os ODS ou os estándares ASG nas organizacións; a busca das mellores fórmulas de comunicación para impactar nos grupos de interese, entre outros temas. 

O evento arrancará cunha ‘Mesa Inaugural’ na que participarán representantes de AFundación e a Xunta de Galicia. Posteriormente, terá lugar a ‘Mesa de Cápsulas de Boas Prácticas’, coa participación de Abanca, Gadisa, Grupo Sifu, Lactalis e Vegalsa-Eroski. Por último, na ‘Mesa de Grupos de Interese’, estarán presentes Dircom, Aedipe Galicia, Pacto Mundial España, Fundación Emalcsa e Cegasal. 

A xornada é aberta a todo o público, pero debido ao aforo limitado, é imprescindible inscribirse previamente. Reserva a túa praza aquí. 

Esta xornada está organizada por Corresponsables e Xunta de Galicia, en colaboración de Abanca, Gadisa, Grupo Sifu, Lactalis, Vegalsa-Eroski, Dircom, Aedipe Galicia e Pacto Mundial España. 

Consulta o programa completo aquí. 


Media

{pngremote}https://rse.xunta.gal/https://e8171cb2.rocketcdn.me/wp-content/uploads/2024/05/19ANUARIO_CORUNA_1005x475.png{/pngremote}