Descrición
En Galicia atópanse importantes ecosistemas e hábitats cun valor económico incomparable. No ámbito científico especializado desenvólvense día a día interesantes proxectos sobre o noso contorno natural máis próximo. Estes estudos buscan pautas para protexer este valor único e incomparable, así como propoñer medidas preventivas e correctoras do impacto que xeran as nosas actividades diarias. Moitas empresas responsables coa contorna social e ambiental da que extraen o seu valor, promoven, colaboran e patrocinan este tipo de proxectos ambientais, aspecto que repercute de forma positiva notable na súa reputación.
Impacto
Incremento do valor da marca da empresa, mellora da percepción social, compensación do impacto ambiental da actividade empresarial ou industrial desenvolvida, creación indirecta de postos de traballo...
Obxectivos
- Mellorar a reputación da empresa no contorno social.
- Contribuír á protección do medio natural de Galicia.
- Manter o investimento na I+D galega, incluíndo a promoción de postos de traballo na investigación e a ciencia.
Empresa: Emberiza
Sector: Medioambiental
Tamaño: 2 empregados
Web: www.emberizamedioambiente.es