DisCamino con Povisa: integración a través do deporte

O proxecto DisCamino conta desde 2015 co patrocinio do grupo sanitario Povisa para o fomento do deporte en persoas con discapacidade psíquica e física.  Desde ese ano Povisa participa a través do proxecto de Responsabilidade Social Corporativa coa adquisición de vehículos que permiten o desenvolvemento das distintas actividades.

Unha acción á que se suma destinar todos os ingresos que Povisa xenera a través do seu canal de YouTube para DisCamino. Este canal ten un gran tránsito de visitas a partir da etapa de confinamento na que se crearon e subiron vídeos con actividades recomendadas para os pacientes e creados polo equipo de Rehabilitación. As cifras chegaron ás 250.000 visitas mensuais, que monetizadas supoñen unha importante suma destinada á comprar vehículos que precisan ser adaptados ás necesidades dos pilotos e copilotos e que supoñen un custe medio de 4.000 euros.

O grupo Povisa impulsa as accións de DisCamino, e outras entidades como Apamp (Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral). Empresa: POVISA (grupo sanitario Rivera)

Sector: sanitario

Tamaño: 1.500 empregados

Web: https://www.povisa.es/

Información adicional: http://discamino.org/es/que-es-discamino/