Descrición
O compoñente ambiental e a inserción sociolaboral de persoas en risco de exclusión social son os dous piares sobre os que se asenta Ecoworks Galicia, unha iniciativa de ACOPROS, entidade sen ánimo de lucro da Coruña.
Grazas a esta idea, persoas con discapacidade transforman, a través dun proceso artesán, un refugallo como as lonas publicitarias de pvc nun produto con valor engadido para a súa venda, como son parasoles ou libretas e axendas. O proxecto nace da necesidade de dar a persoas con discapacidade unha saída profesional que permita a súa inserción socioeconómica na sociedade. Ademais, contribúese a xerar unha economía circular de forma que a actividade é ambientalmente sustentable e contribúe a dar unha segunda vida a residuos altamente contaminantes se non se xestionan adecuadamente.
Impacto
A creación da cooperativa Ecoworks Galicia, que contou co apoio de Espazocoop Unión de Cooperativas Galegas, supuxo a inserción laboral de 4 persoas con discapacidade. Valoración dos refugallos, coa cesión por parte de concellos e empresas das lonas, reducindo a posible contaminación e promocionando a economía circular.
Empresa: ACOPROS
Tamaño: 9 empregados
Sector: Asociación sen ánimo de lucro
Web: www.acopros.org