Convenio de colaboración coa Asociación Síndrome de Down Vigo

 

Durante o 2021, Termavi está impulsando a súa responsabilidade social dentro de diferentes planos, como é o educacional. Dentro deste, firmaron un convenio de colaboración coa Asociación Síndrome de Down Vigo, entidade pertencente a Down España, que ten por misión promocionar e realizar actividades encamiñadas a mellorar a calidade de vida das persoas con síndrome de Down e discapacidade intelectual, promovendo o exercicio dos seus dereitos e liberdades fundamentais a través da súa plena inclusión social.

Mediante esta colaboración, as empresas do Grupo Davila, como Termavi establecen a base da integración destas persoas no ámbito laboral, ofertando prácticas e creando unha comisión de seguimento. Neste momento atópase unha persoa traballando dentro do plan, e están a contemplar futuras contratacións estables e duradeiras no tempo.

Desde a propia empresa indícannos que “pensamos que é unha acción que pode servir de exemplo ou alternativa a outras accións de RSE, como moitas xa fan, e a outras que se estean iniciando na responsabilidade, xa que ademais de ser plenamente efectiva, significa unha experiencia altamente positiva para todos os compañeiros”.