Pincha aquí para cubrir o formulario normalizado na sede da Xunta.
As empresas que desexen ser beneficiarias de Responsabilízate deberán cumprir os seguintes requisitos:
- Ser peme ou persoa traballadora autónoma.
- Ter radicado domicilio social en Galicia ou contar con algún centro de traballo en Galicia.
- Ter polo menos unha persoa traballadora por conta allea.
- Non superar os 50 millóns de euros de volume de negocio anual ou ter un balance anual inferior a 43 millóns de euros.
- Non ser entidade sen ánimo de lucro.
Que documentación debo aportar?
- Copia da escritura de constitución, estatutos ou documentos análogos da empresa solicitante, de tratarse dunha persoa xurídica, que acredite o seu domicilio social e potestade da persoa que actúa e que firma a solicitude.
- Autorización para a comprobación dos seguintes datos:
- DNI/NIE solicitantes ou DNI/NIE persoa representante
- NIF empresa solicitante
- Vida laboral de todos os códigos de conta de cotización da empresa solicitante dos 30 días inmediatamente anteriores á data da presentación da solicitude.