A Xunta de Galicia, no seu interese por promover e difundir a responsabilidade social empresarial, concede os Premios RSE Galicia. Estes galardóns recoñecen as boas prácticas das empresas galegas en catro ámbitos: social; ambiental; económico, e de conciliación laboral, familiar e persoal e promoción da igualdade de xénero.
Fallo do xurado Premios RSE Galicia 2016
O xurado dos premios RSE Galicia 2016 acorda conceder, por unanimidade, un total de 11 premios ás seguintes empresas nas súas distintas categorías e ámbitos.
Pequena empresa
- Ámbito social: Casa Grande de Xanceda S.A.T.
- Ámbito económico: Metal Ferrol S.A.L.
- Ámbito ambiental: Revertia Reusing&Recycling S.L.
- Ámbito conciliación e igualdade: Promove Consultoría e Formación S.L.
Mediana empresa
- Ámbito social: M. Caeiro S.A.
- Ámbito económico: R.C. Deportivo de La Coruña S.A.D.
- Ámbito ambiental: M. Caeiro S.A.
- Ámbito conciliación e igualdade: Pescados Rubén S.L.
Grande empresa
- Ámbito social: Quesería Entrepinares S.A.U.
- Ámbito ambiental: Abanca Corporación Bancaria S.A.
- Ámbito conciliación e igualdade: Peugeot - Citroën Automóviles España S.A.
Mencións
Ademais, outórganse as seguintes mencións na categoría de pequena empresa:
- Ámbito social: Ledisson A&IT S.L.
- Ámbito ambiental: Tratamiento Medioambiental de Vehículos S.L. (Trameve)
Galería fotográfica
Ligazóns de interese