Uncategorised
Prueba formulario premios rse
Información básica sobre protección de datos persoais
- Responsable do tratamento Xunta de Galicia - Consellería de Economía, Emprego e Industria.
- Finalidades do tratamento Xestionar as inscricións e controlar a asistencia ao evento para a entrega de agalrdóns dos Premios RSE Galicia 2019.
- Lexitimación para o tratamento O cumprimento dunha misión en interese público ou no exercicio de poderes públicos (Lei 13/2011, do 16 de decembro, reguladora da política industrial de Galicia; Decreto 135/2018, do 4 de outubro, polo que se regulan os Premios de Responsabilidade Social Empresarial de Galicia - Premios RSE Galicia). Consentimento da persoa interesada.
- Destinatarios dos datos Non se prevén comunicacións a terceiros.
- Exercicio de dereitos As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos ou retirar o consentimento segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-dos-dereitos
- Información adicional https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos
Confirmación asistencia Premios RSE2019
Edición 2022
Composición do Xurado dos Premios RSE Galicia 2022
Con data do 14 de febreiro aprobouse a designación do xurado da cuarta edición dos Premios RSE Galicia.
A convocatoria deste Premio así como a composición do xurado está dispoñible nas ligazóns deste apartado.
Ligazóns de interese
Edición 2026
Composición do Xurado dos Premios RSE Galicia 2026
Con data do 22 de xullo aprobouse a designación do xurado da quinta edición dos Premios RSE Galicia.
A convocatoria deste Premio está dispoñible nos enlaces deste apartado.
Ligazóns de interese
Edición 2019
Fallo do xurado Premios RSE Galicia
Os premios RSE Galicia pretenden ser unha maneira de poñer en valor e recoñecer publicamente o labor daquelas empresas que adoptan principios e prácticas de responsabilidade social na súa xestión.
O xurado dos premios RSE Galicia 2019 acordou conceder ós seguintes recoñecementos:
1. Premio á Responsabilidade Social Empresarial nas seguintes categorías:
Pequena empresa
- TECALIS INNOVACIÓN, SLU
Mediana empresa
- EMPRESA MONFORTE, SAU
Gran empresa
- ALTIA CONSULTORES, SA
2. Premio Mención á Conciliación:
Pequena empresa
- CONGALSA, SL
Ligazóns de interese
Estratexia Galega de RSE 2023-2025
Desde a Xunta de Galicia quérese avanzar cara unha Galicia igualitaria, responsable e competitiva, na que empresas e administración traballen cara a unha sociedade responsable e un desenvolvemento sustentable, no contexto dos retos globais; unha Galicia como espazo de oportunidades para un desenvolvemento social, ambiental e económico responsable, baseado na colaboración dos axentes públicos e privados e dos grupos de interese.
No marco do Plan Estratéxico de Galicia 2022-2030 desenvólvese a Estratexia Galega de RSE 2023-2025, a través da cal se busca promover que as empresas galegas se desenvolvan atendendo de forma equilibrada ás variables económicas, ambientais, sociais e de bo goberno, así como ás demandas dos seus grupos de interese para construír unha Galicia de futuro.

Por que se desenvolve esta estratexia?
Nun contexto global no que cada vez é máis importante a resposta conxunta da sociedade, empresas e institucións no impulso a un mundo mellor, resulta imprescindible adaptarse ás novas necesidades para garantir un desenvolvemento sustentable, favorecer a competitividade das empresas, aliñar as organizacións cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable e a Axenda 2030 e, en definitiva, promover unha sociedade máis igualitaria e integradora, que consiga reducir as desigualdades e mellorar a calidade de vida e a conservación da contorna.
En Galicia, as empresas máis innovadoras, líderes nos seus mercados e comprometidas co planeta e a sociedade, están a desenvolver políticas e estratexias responsables. Por iso, as prioridades desta estratexia inclúen a promoción de comportamentos responsables voluntarios, que vaian máis alá da lexislación vixente, e o impulso do compromiso nos ámbitos económico, ambiental, social e de bo goberno entre as empresas, a administración e os grupos de interese. A través dela integraranse condutas responsables nas estratexias e políticas da administración autonómica e favorecerase un diálogo aberto e transparente.
En resumo, será o elemento clave para impulsar a creación de valor compartido na comunidade.
Consulta aquí o documento completo
Obxectivos
Situar os valores e principios da responsabilidade social empresarial na axenda das empresas galegas como mecanismos para impulsar a súa competitividade, produtividade e crecemento.
Obxectivos:
Contar cunha estratexia de responsabilidade social empresarial aberta, compartida e coñecida por todos os grupos de interese, que permita crear sinerxías a través da escoita e da colaboración entre empresas, administración e sociedade civil.
Obxectivos:
Impulsar unha xestión responsable e exemplarizante nas políticas, plans e programas da administración, particularmente desde os organismos competentes en materia de emprego.
Obxectivos:
Noticias
Boletín oficial da Xunta de Galicia en materia de RSE
Ano 2024
Ano 2022
Ano 2021
Ano 2020
Ano 2019
Ano 2018
Ano 2017
Ano 2016
Ano 2015
Información básica sobre protección de datos persoais (Boletin)
Información básica sobre protección de datos persoais
- Responsable do tratamento Xunta de Galicia. Consellería de Economía, Emprego e Industria.
- Finalidades do tratamento Dar de alta á persoa interesada como subscritor do boletín da Xunta de Galicia en materia de responsabilidade social empresarial e manter a relación coa mesma a través do envío de comunicacións periódicas.
- Lexitimación para o tratamento Consentimento da persoa interesada.
- Destinatarios dos datos Empregamos a ferramenta Mailchimp para o envío deste boletín.
- Exercicio de dereitos As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos ou retirar o consentimento segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-dos-dereitos
- Información adicional https://www.xunta.gal/proteccion-datos-persoais
Información básica sobre protección de datos persoais (XuntaPro)
Información básica sobre protección de datos persoais
- Responsable do tratamento Xunta de Galicia. Consellería de Economía, Emprego e Industria.
- Finalidades do tratamento Tramitar a súa solicitude para a descarga do software gratuíto Xunta ProRSE.
- Lexitimación para o tratamento Consentimento da persoa interesada.
- Destinatarios dos datos Non se prevén comunicacións a terceiros.
- Exercicio de dereitos As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos ou retirar o consentimento segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-dos-dereitos
- Información adicional https://www.xunta.gal/proteccion-datos-persoais




















