Xunta PRO RSE

Xunta PRO RSE

O software gratuíto Xunta PRO RSE permítelles ás empresas galegas facer unha diagnose da súa situación para a posterior elaboración de memorias de responsabilidade social. A Xunta de Galicia lanza unha nova versión da ferramenta para incluír novas funcionalidades. Entre as melloras desta actualización figura a adaptación ao último estándar GRI Standards, coa creación de novos indicadores e adaptación dos anteriores. 

Módulo ODS
O goberno galego, comprometido co cumprimento dos 17 Obxectivos do Desenvolvemento Sostible da ONU (ODS) e consciente do importante papel que xogan as empresas na consecución destes, inclúe na nova versión de Xunta PRO RSE un módulo que permite facer a análise da achega que as entidades fan aos principios dos ODS.

Por que usar Xunta PRO RSE?

A ferramenta da Xunta de Galicia permite ás empresas a integración das variables da responsabilidade social empresarial na xestión do seu negocio, dunha maneira sinxela e gráfica. As empresas poden visualizar os indicadores e o estado das súas propias actuacións en materia sociolaboral, ambiental e económica, así como testar a súa evolución a través dos cambios que se vaian introducindo nos indicadores, en función das accións que desenvolvan ao longo do tempo.

Características e funcións
  • Emisión de informes a partir dos estándares da Xunta de Galicia (con indicadores propios e personalizados), Pacto Mundial e GRI Standards.
  • Posta en valor e control das actuacións da empresa, podendo incluír datos cualitativos e cuantitativos.
  • Identificación das fortalezas e debilidades das empresas dentro da RSE, detectando as posibles áreas de mellora que axudarán as empresas a definir os plans de actuación na materia.

 

Formulario para descargar Xunta PRO RSE









Xunta de Galicia
Turismo de Galicia
Préstamo sen intereses emekliye kredi faizsiz
sitios de apostas fiables telefonda sexiddaa tahminleri - dert hattı

agario - - betebet betebet