Co obxectivo de apoiar economicamente e difundir as labores de voluntariado da Asociación contra o Cancro de Pontevedra, Gardián Joyas lanzou unha colección chamada "Lazos solidarios". O 50% dos beneficios das vendas das pezas desta colección son doados á asociación, coa que tamén colaboraron anteriormente a través da doazón de xoias para un desfile benéfico.
O nome e a forma das pezas desta colección fan referencia á loita contra o cancro, coa intención de espertar na sociedade o ánimo de colaboración. Ademais, de forma complementaria, desde Gardián Joyas reforzan a súa mensaxe mediante a difusión dos días internacionais contra esta enfermidade, axudando a que non se esqueza o labor das asociacións relacionadas con esta enfermidade.
Empresa: Gardián Joyas
Sector: Comercio
Tamaño: 1 empregado
Web: https://www.gardianjoyas.es/