Principios

principios RSE Xunta

Voluntariedade

A adopción de políticas de sostibilidade por parte das empresas é voluntaria, máis alá das súas obrigas legais.

Creación de valor

A sostibilidade empresarial debe contribuír a xerar valor para todos os grupos de interese, o que repercutirá na mellora da empresa no medio e longo prazo.

Grupos de interese

A sostibilidade social empresarial oriéntase á satisfacción das expectativas e necesidades dos distintos grupos de interese (persoal, clientela, accionistas, provedores, ambiente, dereitos humanos...).

Transversalidade

As políticas de sostibilidade deben involucrar a todos os niveis da empresa, todos os procesos produtivos e en todas as rexións onde desenvolva a súa actividade.

Adaptabilidade

As políticas de sostibilidade deben estar adaptadas ao contexto e realidade da sociedade na que opera a empresa. Cómpre considerar as particularidades do contorno e tamén da natureza do negocio, o ámbito xeográfico de operación ou o tamaño empresarial.

Transparencia

Dar a coñecer aos diferentes grupos de interese, internos e externos, o labor que realiza a empresa nos diferentes ámbitos da súa actividade, co obxectivo de dar credibilidade e rigor á sostibilidade empresarial.

Implicación do persoal

Promover a aprendizaxe e a formación, mellorando a organización do traballo, garantindo a igualdade de oportunidades e a inclusión social. O obxectivo é mellorar a creación de emprego e as condicións de traballo.

Ámbito interno e externo

A sostibilidade trata de conseguir empresas economicamente rendibles, respectuosas co contorno e socialmente responsables, tanto no seu ámbito interno como no externo.