Instalación fotovoltaica de autoconsumo na fachada das nosas oficinas

Soltec Ingenieros, fundada en 2001, é unha empresa de enxeñería independente con sede en Vigo. O seu traballo abrangue proxectos de diversa complexidade, cunha carteira de máis de 2.500 proxectos e unha oferta de servizos nas áreas da industria, enerxía (destacando a fotovoltaica e o hidróxeno verde), eficiencia enerxética, enxeñaría de proxectos e desenvolvemento corporativo.

En abril de 2022 realizou unha instalación fotovoltaica de autoconsumo de 16 paneis solares na fachada das oficinas de Soltec Ingenieros. Este investimento traduciuse para 2022 nun autoconsumo do 60 % da enerxía xerada por esta instalación.

Xunto a unha tarifa eléctrica con certificado de orixe renovable, as emisións das oficinas convertéronse en negativas ao poder exportar o exceso de enerxía da xeración os fins de semana. A instalación é vertical, en parede, e permite que nos meses de inverno, co sol máis baixo, a produción de enerxía sexa significativa. Entre abril e decembro producíronse 3.535 kWh de enerxía fotovoltaica.

Esta acción supón que as emisións de CO2 da empresa diminúen significativamente en comparación coas xeradas en 2021, reducindo a pegada de carbono nun 66 %.

Relación cos ODS:

  • Obxectivo 7: Enerxía asequible e non contaminante
  • Obxectivo 8: Crecemento económico
  • Obxectivo 11: Cidades e comunidades sustentables.

Empresa: Soltec Ingenieros

Sector de actividade: Enxeñaría

Tamaño: 16 empregados

Páxina web: https://soltecingenieros.com/