Xestión das emocións do persoal

Descrición

A xestión intelixente das emocións dos traballadores permite mellorar a calidade de vida das persoas, a súa saúde, as súas relacións interpersoais e o rendemento laboral. É unha ferramenta útil e práctica para incorporar nas políticas de RSC das empresas como vehículo para mellorar o benestar dos empregados.

Impacto

Os resultados son bastante significativos na xestión persoal e interpersoal das emocións, na xestión do estrés, na relación familiar e outras dentro do ámbito do persoal. Tamén repercutiu positivamente no ambiente laboral e traballo de equipo, na atención ás persoas usuarias dos seus servizos e no rendemento persoal.

Empresa: Coaching 10
Sector: Benestar
Tamaño: 1 empregado
Web: www.coaching10.net