Descrición
Preténdese, nun plan a tres anos dividido en dúas fases, poñer a punto un biochip en formato LOAC para a detección precoz dos patóxenos asociados a enfermidades que aparecen en granxas e instalacións agropecuarias en xeral, así como a monitorización en tempo real da seguridade dos produtos agroalimentarios a nivel fábrica ao longo de toda a cadea de produción para evitar toxoinfeccións de orixe alimentaria. O enfoque, pola súa versatilidade, universalidade de concepto, portabilidade e rango de targets, podería ser aplicable á sanidade humana a nivel POC en atención primaria.
Impacto
Grande aforro dos custos asociados a tratamentos das enfermidades asociadas á produción, redución do impacto ambiental dos fármacos aplicados nos ditos tratamentos e dos residuos xerados, monitorización en tempo real do estado sanitario de granxas e empresas.
Empresa: Biodiagsan S.L.
Sector: Biotecnoloxía
Tamaño: 1 empregado