ACTÚA: Programa integrado de RSE

Arce Clima, empresa con máis de 25 anos no sector de instalacións e mantementos electromecánicos, puxo en marcha o programa Actúa, un programa integrado de responsabilidade social empresarial co obxectivo de englobar todos os procesos e plans que ten a empresa baixo unha única iniciativa, permitindo potenciar as vantaxes á hora de comunicar e trasladar aos grupos de interese o impacto que poden chegar a ter.

Este programa paraugas permite condensar e informar de forma máis eficiente, clara e transparente de toda a actividade de RSE da compañía, de forma que a través dun espazo no seu sitio web dan a oportunidade aos grupos de interese de coñecer con detalle as súas 5 áreas de responsabilidade social.

Deste xeito, potencian o resultado de cada unha das súas accións responsables, reducindo o impacto ambiental, creando emprego de calidade e demostrando apoio a entidades sociais. Así, crearon un valor único garantindo unha comunicación completamente transparente con todos os axentes sociais implicados: entidades públicas, ONGs, entidades privadas, centros educativos e o persoal da empresa.

 

Empresa: Arce Clima

Tamaño: 180 personas

Sector: Instalación e climatización

Web: arceclima.com